Actividades previstas

EQUIPO DE ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES

Este curso o Equipo de Actividades Complementarias e Extraescolares está formado polas seguintes mestras:

- Ángela Maseda - Ed. Infantil
- Mª Sonia Castañeda- 1º Ciclo
- Mª José Gesto - 2º Ciclo
- Mª Belén Vizoso García - 3º Ciclo e coordinadora

Segundo o Decreto 374/1996 e a Orde 22 de xullo de 1997 considéranse actividades complementarias aquelas actividades didácticas que se realizan co alumnado en horario lectivo e que, formando parte da programación, teñen carácter diferenciado polo momento, espacio ou recursos que utilizan. Así, cabe considerar as visitas, traballos, viaxes, conmemoracións e outras semellantes.
Por outra banda, son actividades extraescolares aquelas que son organizadas polo centro e figuran na programación xeral anual, aprobadas polo consello escolar e que se realizan fóra do horario lectivo. A participación nestas actividades será voluntaria.


ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS COMÚNS PARA TODO O CENTRO.

1º trimestre:

2º trimestre:

  • 30 de xaneiro; Día da Paz.
  • 28 de febreiro ; O Entroido

3º trimestre:

  • Xuño ; Exposición de Instrumentos feitos polo alumnado de 4º nivel, “O que sexa...soará”.
  • 20 de xuño ; Saída a pé a Morouzos

CONMEMORACIÓNS


Ao longo do curso  haberá outras conmemoracións obrigatorias, que se citan no calendario escolar editado pola Consellería. Poderanse traballar en torno a estes temas ben conxuntamente, por ciclos ou titorías. As conmemoracións son as seguintes:


1º trimestre:

  • Día Internacional contra a Violencia de Xénero: 25 de novembro
  • Conmemoración da Constitución e do Estado da autonomía de Galicia, do 1 ao 11 de decembro.
  • Día da Declaración Universal dos Dereitos Humanos o 10 de decembro.

2º trimestre:

  • Día da Paz o 30 de Xaneiro.
  • Día Internacional da Muller Traballadora o 8 de marzo
  • Día Mundial dos Dereitos do Consumidor o 15 de marzo
  • Semana da Prensa do 11 ao 15 de marzo. Un día desta semana traballaráse na aula con diferentes xornais.

3º trimestre:

  • Día do Libro do 12 ao 30 de abril.
  • Día Mundial da Saúde o 7 de abril.
  • Día de Europa o 9 de maio.
  • Día Mundial do Ambiente o 5 de xuño.

OUTRAS ACTIVIDADES

  • Participación en diversos concursos escolares (ONCE, Muralla de Lugo, SOGAMA...)
  • Competicións deportivas.
  • Saídas ao contorno.
  • Posibilidade de asistencia a concertos didácticos na localidade

EXCURSIÓNS