INCLUSIÓN

PÓCIMA MÁXICA DA INCLUSIÓN
  • Un fío de ilusión ben pelado , coidando que non vaia nada de pesimismo, malestar docente, recortes…xa que unha pequena dose de pensamentos negativos poden estragar a poción! Se é que fora o caso de que se escapara un , lembrade, por cada fío de desilusión tedes que botar tres de alegría
  • Tres linguas de serpe de Formación, Investigación, Reflexión e Innovación
  • Raíces das árbores donde se aprende a aprender, a ser, a facer, a convivir
  • 8 gotiñas de salvia das 8 intelixencias múltiples
  • Teas de araña da creatividade (pódense atopar nas esquiñas dos cerebros con pouco uso)
  • Barbas de morcego da curiosidade
  • Ás de mosca da locura, do cooperativismo e do aprendizaxe pro proxectos
  • Uñas de león para ser valente: preguntar, pelexar, probar,  arriscarse .
  • Unha pizca de esperanza de país, nais, mestres,políticos e sociedade en xeral, COIDADO! Este é un elemento moi preciado e moi difícil de conseguir!
  • Un pedaciño de talo da planta de Igualdade de oportunidades, a equidade, a xustiza social. Disque estas  crecen na utopía e nunha sociedade mais xusta e tolerante e que se poden atopar nos xardíns dos soños que se fan realidade
  • Moedas do poderoso cabaleiro é don diñeiro

Espolvoréase todo ben con po de estrelas da motivación, a vocación, a paciencia e o interese e ,unha vez reunidos, mesturados os ingredentes, vértese nunha aula.

Por último, repítese todas as mañas ao entrar(asegurándose que non se entra co pé esquerdo) estas palabras máxicas:

“A RECONPENSA ATÓPASE NO ESFORZO E NON NO RESULTADO.

 

UN ESFORZO TOTAL E XA UNHA VICTORIA COMPLETA: APRENDE”

   

Powered by Drupal - Design by artinet