PLAN PROXECTA, PROGRAMAS DE ÉXITO EDUCATIVO

PROGRAMAS 23-24

“PROGRAMAS DE ÉXITO EDUCATIVO” -  PROA +

Ten como obxectivo apoiar  o alumnado
vulnerable para a mellora do seu rendemento académico, reforzando e
consolidando as aprendizaxes e contidos esenciais para favorecer a
participación desde alumnado no grupo-clase.

PROA+----- 4º/5º/3º/6º de E.P. ( todo o curso)

 “CONTRATOS- PROGRAMA INCLÚE
(CPInclúe):

- IGUALA-T. Con este programa desenvolveremos accións para o fomento
da coeducación, isto é, a promoción da igualdade de oportunidades entre
mulleres e homes; a prevención, a detección e o tratamento das violencias
machistas; e a promoción do respecto pola diversidade afectivo-sexual e de
xénero.

- CONVIVE-T Desenvolveranse medidas que favorezan o clima escolar e
as relacións entre os membros da comunidade educativa, actuacións preventivas
de condutas violentas ou discriminatorias, xestión de conflitos.

- INCLÚE-T Conxunto de medidas para favorecer a inclusión dos
colectivos máis desfavorecidos, como o alumnado inmigrante, e o retornado ou en
risco de exclusión social.

- EMOCIÓNA-T Adquirir e desenvolver competencias emocionais
(conciencia emocional, autonomía emocional, regulación das emocións propias e
alleas…) entendidas como competencias básicas para toda a vida.

PROA +

Estimadas familias durante o curso actual o centro praticipará no programa de éxito educativo PROA+ 2023/24



Coa finalidade de axudar a mellorar os resultados educativos do alumnado con necesidades específicas de apoio educativo, o noso centro participa no curso 2023/24 no Programa PROA+, polo que unha docente asignada a este programa reforzará o alumnado beneficiario, en horario lectivo na aula ordinaria, ofrecéndolle unha atención persoal e individualizada que lle permita mellorar o seu rendemento escolar e acadar unha motivación positiva de cara ás súas aprendizaxes.

PROGRAMA NUTRIESCOLAS


 

Ficha técnica

Proxecta

Institución:

  • Consellería de Sanidade
    • Dirección Xeral de Saúde Pública.
      • Servizo de Estilos de Vida Saudable e Educación para a Saúde
  • Consellería do Mar
    • Subdirección Xeral de Pesca e Mercados da Pesca
      • Servizo de Mercados
  • Consellería de Medio Rural
    • Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)
    • Servizo do Sector Lácteo e Mercados Agrícolas

Ámbito: hábitos saudables / consumo responsable / patrimonio alimentario

Definición: o proxecto “Nutriescolas” forma parte da estratexia educativa do Plan de acción para a prevención do sobrepeso e a obesidade (Plan Obesidade Zero en Galicia) da Dirección Xeral de Saúde Pública, e canalízase na escola a través do Plan Proxecta+ de innovación educativa.

As modalidades de "Nutriescolas" buscan traballar todas as dimensións do feito alimentario dun xeito integral e transversal na comunidade de referencia do alumnado. Responde á necesidade de que o alumnado adquira e consolide hábitos alimentarios adecuados e desenvolva as competencias necesarias para facer eleccións saudables no futuro. Para acadar estes obxectivos, se lles convida a coñecer a contorna alimentaria a través de experiencias sensoriais, a valorar o noso patrimonio alimentario tradicional, a reflexionar sobre a influencia do medio (publicidade, dispoñibilidade de alimentos, industria alimentaria) e as súas consecuencias sobre o estado de saúde, entre outras, co fin de desenvolver un comportamento crítico como consumidores responsables fronte á oferta alimentaria actual.

Vinculación cos ODS da Axenda 2030:

  • ODS 3. Saúde e benestar
  • ODS 12. Produción e consumo responsable
  • ODS 14. Vida submarina

Temporización: curso completo

Modalidades:

A) Nutriescolas 0: A modalidade Nutriescolas 0 ten por obxectivo a adquisición de hábitos alimentarios saudables no alumnado de educación infantil. Nutriescolas 0

Todos os centros participantes que desenvolvan accións con alumnado de educación infantil deben elixir necesariamente esta modalidade.

B) Nutriescolas 1: A modalidade Nutriescolas 1 ten por obxectivo a adquisición de hábitos alimentarios saudables no alumnado de educación primaria. Nutriescola 1

Todos os centros participantes que desenvolvan accións con alumnado de educación primaria deben elixir necesariamente esta modalidade.

 

Recursos opcionais:

  • Froita na escola: Este recurso ten por obxecto o fomento do consumo de froitas frescas e castañas coa finalidade de configurar hábitos alimentarios saudables no alumnado de centros escolares. Ofrécense froitas frescas e castañas aos centros que así o soliciten, segundo a convocatoria anual do FOGGA.
  • Lácteos na escola: Este recurso ten por obxecto o fomento do consumo de leite no alumnado de centros escolares. Ofrécese leite de consumo aos centros que así o soliciten, segundo a convocatoria anual do FOGGA.
  • Máis alá do prato:  consiste en analizar o sistema alimentario dende as aulas, estudando todas as fases (produción, comercialización, consumo, etc.) e a pegada ecolóxica que levan consigo cada unha de elas, poñendo en valor o comercio e produción local e implantando dietas saudables e sostibles.

NOTA INFORMATIVA: no caso de seleccionar algún dos recursos opcionais, estes deberán estar plenamente integrados no proxecto presentado para participar nas modalidades Nutriescolas 0, Nutriescolas 1, Nutriescolas 2 ou Cociñando con saúde. A simple participación nas actividades ofertadas por estes recursos non constituirá motivo de superación da memoria presentada ao final do curso.

Alumnado ao que vai dirixido:

A) NUTRIESOLAS 0: educación infantil

B) NUTRIESCOLAS 1: educación primaria

 

 

 

 

 

 

 

 

 

PROXECTOS DE VIDA ACTIVA E SAUDABLE

Ficha técnica

Proxecta

Institución:

  • Presidencia da Xunta de Galicia
    • Secretaría Xeral para o Deporte
    • Fundación Deporte Galego

Ámbito: hábitos saudables / inclusión / mobilidade / desenvolvemento sustentable / medio ambiente / igualdade / dereitos da infancia
 

Definición:

O programa consiste en deseñar, executar e avaliar un proxecto relacionado cos hábitos de vida activa e saudable, buscando o incremento diario de actividade física que realiza o alumnado, tanto dentro como fóra do centro, e a medición do impacto que ten este incremento da carga de actividade física realizada na saúde dos escolares.

 

  • () Identificar todas as actuacións que se leven a cabo no centro educativo, xa sexa dentro como fóra do centro e dentro ou fóra do horario lectivo que fomenten a actividade física e os hábitos de vida saudable.
  • () Dinamizar e promover hábitos de vida activa e saudable, rendibilizando os recursos existentes no seu ámbito de influencia (públicos e privados).
  • () Recoller a analizar os datos de consumos de actividade física, tanto ao inicio do proxecto como ao finalizar o mesmo, para evidenciar os posibles cambios conseguidos.

Vinculación cos ODS da Axenda 2030

  • ODS 3. Saúde e benestar
  • ODS 4. Educación de calidade
  • ODS 5. Igualdade de xénero
  • ODS 10. Redución das desigualdades
  • ODS 11. Cidades e comunidades sustentable

 

Temporización:

curso completo

Alumnado ao que vai dirixido:

Todos

 

RAPAZAS EMPRENDEDORAS NAS TIC

Ficha técnica

Proxecta

Institución:

  • Presidencia da Xunta de Galicia
    • Colexio Profesional de Enxeñería en Informática de Galicia (CPEIG)

Ámbito: ciencia e tecnoloxía /igualdade
Definición:

O programa “Rapazas emprendedoras nas TIC” ten como obxectivo fomentar o uso das Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC) no alumnado de primaria e secundaria, poñendo especial atención no rol das rapazas e mulleres tanto como referentes do sector como creadoras de contidos TIC. Deste xeito o obxectivo e que dende os centros de desenvolva un producto TIC, (vídeo, blog, páxina web, publicacións en RRSS, proxecto, maqueta, curtametraxe, etc), usando novedosas ferramentas TIC, orientadas a destacar a persoeiros importantes do ámbito científico-tecnolóxico, onde debe verse a importancia da representación feminina para a evolución do ámbito. Deste xeito, búscase a promoción do emprendemento entre as alumnas e alumnos de primaria e secundaria a través das tecnoloxía da información e da comunicación

Vinculación cos ODS da Axenda 2030

  • ODS 5. Igualdade de xénero

 

 OS NOSOS PRODUCTOS DE TRABALLO E INDAGACIÓN

 

 

 

MUNDO VIRTUAL MULLERES INNOVADORAS TIC

 

 

 

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Ola, deixóvos nos arquivos adxuntos unhas actividades para traballar , xa que estamos na semana na que se celebra o día das letras galegas.

BARALLA DE CARTAS

Nesta actividade tes que crear unha baralla de cartas, deixámosche o molde para que debuxes o teu naipe. Tes que escoller 3 froitas xa que unha será a laranxa, esta froita será o especial. Debuxa as froitas dependendo do número da carta e coloréaas. Logo, recorta as cartas para xogar con quen queiras unha partida á escoba, explicarlle as normas e recoller os datos de quen vai gañando nunha táboa que debuxes nunha folla. Nela terás que escribir o nome de cada persoa que xoga e debaixo anotar a puntuación

HORARIO

Ola, adxunto un calendario para que organicedes o voso traballo na casa para estes días de confinamento, espero que os sexa de axuda.

Un saúdo.

Distribuir contido