Espazo Abalar

ESPAZO ABALAR FAMILIAS

APP COMUNICACIÓN ABALAR FAMILIAS

 

abalarMóbil é unha aplicación que permite ás familias consultar a información dos seus fillos a través do teléfono móbil dende calquera lugar, de forma cómoda e rápida. Desta forma, van a poder consultar os posibles avisos ou notificacións por parte do profesorado ou do centro educativo. Unha vez enviada a mensaxe, os/as responsables, que estean subscritos as notificacións, recibirán os avisos nos seus dispositivos móbiles

A aplicación abalarMóbil está dispoñible para os pais, nais e titores legais do alumnado matriculado nos centros educativos de Galicia de educación infantil, primaria, secundaria, bacharelato e ciclos formativos. Tamén poden acceder os estudantes cando son legalmente responsables de si mesmos.

As familias que descarguen abalarMóbil van poder dispoñer das seguintes funcionalidades:

  • Acceder aos datos persoais
  • Consultar as cualificacións
  • Consultar e xustificar as faltas de asistencia
  • Consultar as faltas de conduta
  • Solicitar unha cita de titoría
  • Consultar os datos do centro educativo
  • Consultar os avisos ou notificacións por parte do profesorado ou do centro educativo.
  • Consultar as  incidencias creadas polo profesorado
  • Modificar o idioma da aplicación

Acceder á mensaxería de abalarMóbil, que é unha nova funcionalidade que tén como obxectivo facilitar a comunicación entre o centro e os responsables do alumnado, ou entre o profesorado e este.

 

Como obter a app:

  • Pode obter a app nos marketplaces da Xunta de Galicia en Google Play e en App Store:
 
 

Manual

 

Videotitorial:

 

Contactar:

APLICACIÓN E ESPAZO ABALAR FAMILIAS

 

Aquí podedes consultar os pasos a seguir para instalar a aplicación abalarMóbil coa que poderedes consultar a información académica das vosas fillas e fillos dende o móbil.

 

 

 

 

 

Ligazón ao ESPAZO ABALAR 

 

Clicade na imaxe para acceder ao ESPAZO ABALAR A TRAVÉS DO ORDENADOR

 

GUIA ABALAR NO DOCUMENTO ADXUNTO

 

Distribuir contido