Secretaría

PROCESO DE ADMISIÓN PARA ALUMNADO NOVO CURSO 2024/2025

 

O prazo de presentación  de solicitudes estará comprendido entre os días 1 e 20 de marzo do 2024

 

A información relativa ao proceso de admisión publícase na aplicación admisionalumnado (https://www.edu.xunta.gal admisionalumnado).

 

IMPORTANTE: Só se pode presentar UNHA SOLICITUDE POR ALUMNO/A, no centro elixido como 1ª opción, asinada por ambos proxenitores e coa documentación xustificativa. Na solicitude pódese relacionar ata 6 centros por orde de preferencia.

 

Deberá presentar unha solicitude escollendo unha das opcións descritas a continuación:

 

1. Cubrir a solicitude informáticamente na seguinte ligazón https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/ e

presentala asinada de xeito manual no centro:

Para presentar a solicitude presencialmente no centro deberá seleccionar a opción de menú “Solicitudes --> Reserva/Admisión --> Crear”. Deseguido aparecerá unha pantalla na que deberá cubrir os datos necesarios, tales como datos persoais e de contacto, os datos académicos e os criterios alegados e autorizacións. Despois de cubrir a información descrita, deberá premer no botón “Crear e Confirmar”. Feito isto poderá descargala para asinar e presentar no centro.

 

2. Cubrir a solicitude informáticamente na seguinte ligazón https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/ e

asinala en Sede Electrónica:

Para presentar a solicitude a través da Sede Electrónica deberá acceder a admisionalumnado con usuario de Chave365 ou con certificado dixital, para iso deberá premer na icona verde que se atopa arriba á dereita. Posteriormente deberá seleccionar a opción de menú “Solicitudes --> Reserva/Admisión --> Crear”. Deseguido aparecerá unha pantalla na que deberá cubrir os datos necesarios, tales como datos persoais e de contacto, os datos académicos e os criterios alegados autorizacións. Despois de cubrir a información descrita, deberá premer no botón “Confirmar solicitude” e posteriormente premendo no botón "Firmar e presentar en Sede Electrónica", poderá asinar a solicitude dixitalmente, quedando como presentada no centro, sempre que o proceso de sinatura remate correctamente. Debe achegar escaneada toda a documentación pertinente á hora de presentar a solicitude. Importante: Debe achegar, na Sede Electrónica da Xunta de Galicia, o anexo II bis dixitalizado.

 

3. Achegarse á secretaría do centro, onde se proporciona a solicitude, ANEXO II E ANEXOII, cubrila manualmente,

asinala e   presentala.

 

NORMATIVA:

 ORDE do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos

 DECRETO 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

 

 

 

PROCESO DE ADMISIÓN DO ALUMNADO PARA O CURSO 2024-2025

PRIMEIRA FASE: PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES EN CENTROS ADSCRITOS PARA CURSAR A EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA

 

O día 15 de xaneiro, iníciase o procedemento de admisión de alumnado para o curso 2024-2025 en centros docentes sostidos con fondos públicos.

Actívase así a primeira fase do procedemento para RESERVA DE PRAZA en centros adscritos para alumnado que cambie de etapa. No caso do noso centro aféctalle ao alumnado de 6º de Primaria que desexe cursar 1º da ESO no instituto ao que estamos adscritos: IES Otero Pedrayo.

 

Os interesados deberán presentar solicitude de reserva de praza no prazo comprendido entre o 15 de xaneiro e o 5 de febreiro.

As solicitudes poderanse presentar:

- No CEIP Plurilingüe Inmaculada (en formato papel), logo de cubrir o formulario correspondente que se pode recoller no centro ou descargalo premendo no adxunto desta nota informativa. 

- Telematicamente, a través da aplicación ADMISION ALUMNADO, seguindo as orientacións que aí se indican. Nesta  mesma ligazón tamén se poden atopar os accesos á lexislación aplicable e aos formularios de solicitude de reserva.

 

AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR CURSO 23-24

- Os vales de material escolar xa están dispoñibles na secretaría do centro. (poden chamar para confirmar)

- Os vales de libros de texto para o alumnado que cursará 1º e 2º de Educación primaria tamén están dispoñibles.(poden chamar para confirmar)

- O alumnado que cursará 3º,4º,5º,e 6º de Educación primaria poderá chamar a partires do 4 de xullo.

HORARIO DO CENTRO : DE 10:00 ÁS 13:00 HORAS

 

 

MATERIAIS E LIBROS DE TEXTO CURSO 23-24

Nos documentos adxuntos pódese consultar o listado de libros e materiais para o vindeiro curso 23-24

 

Xornadas de portas abertas. Meses de febreiro e marzo

Portas abertas para coñecernos todos os luns de 16h a 17:30h

(se algunha familia non pode acudir neste horario pode poñerse en contacto coa dirección para acordar outra data)

PROGRAMA DE ACOLLIDA CURSO 22-23

 

Benvidos/as ao novo curso 2022-2023

PROGRAMA DE ACOLLIDA

 

 

ENTRADAS E SAÍDAS

Pregamos se cumpran os horarios establecidos, polo ben de toda a comunidade educativa.

-       O alumnado de educación infantil virá acompañado só dun familiar, deixándoo á mestra na porta da aula e inmediatamente abandonará o recinto escolar.

-       Os familiares do alumnado de educación primaria ( un só por alumno/a) permanecerán no patio de arriba ( cancha de fútbol) o tempo imprescindible tanto nas entradas como nas saídas.

-       O alumnado de 5º e 6º de educación primaria poderá saír só, se ten autorización firmada.

 

 

PRIMEIRO DÍA DE CLASE (XOVES 8 DE SETEMBRO)

 

O primeiro día de clase establecerase un horario de entrada por grupos.

 

Este día non teremos reunión; ao longo do mes de setembro os titores se porán en contacto cos pais/nais para concertar unha reunión.

 

Horarios primeiro día de clases

CURSOS

Entrada xoves 8

Saída

5º/6º PRIMARIA

9:00

14:00

3º/4º PRIMARIA

9:10

14:00

1º/2º PRIMARIA

9:20

14:00

ED.INFANTIL

9:30

13:50

 

 

Horarios resto do curso 22/23

CURSOS

Entrada

Saída

5º/6º PRIMARIA

9:00

14:00

3º/4º PRIMARIA

9:00

14:00

1º/2º PRIMARIA

9:00

14:00

ED.INFANTIL

9 - 9:10

13:50

 

 

PERÍODO DE ADAPTACIÓN 4º E.I

 

O establecido na reunión celebrada coa titora no mes de  xuño.

 

Do día 8 ata o día 16 de setembro.

 

 

 

RECREOS

 

 

QUENDAS DE RECREO

 

Patio de abaixo

Patio de arriba

Ed. Infantil

11:30-11:55

4º/5º/6º

 

Ed. Primaria

11:55-12:20

1º/2º

3º/4º/5º/6º

 

 

 

 

 

COMUNICACIÓN XERAL DO CENTRO COAS FAMILIAS

 

-       Utilizarase como mecanismos de comunicación xeral coas familias a páxina web do centro e a plataforma Abalarmóbil

-       Teléfono do centro: 988224586

-       Correo electrónico: ceip.inmaculada@edu.xunta.es

-       Comunicación coa ANPA:

                                  telf-685233401

-                                       Correo: anpainmaculada@gmail.com

 

-       O servizo de comedor e de atención temperá funcionará dende o día 8 de setembro de 2022 ata o 21 de xuño de 2023, ambos  inclusive    

  -       As  titorías  terán lugar os luns de 16:00h a 17:00h (previa cita)

  -       As familias que teñan cambios nos datos de contacto deben actualizalos na secretaría do  centro.             

 

   

A participación das familias na vida escolar resulta enriquecedora
para todos, pois o que aquí aconteza redundará no mellor desenvolvemento do noso alumnado.

 

 

 

 

Axuda de libros de educación infantil e comedores escolares para o curso 2022/2023

Estimados pais/nais, titores comunicámoslles que saíron publicadas no BOP do 16 de abril as bases para solicitar as axudas de comedor para todo o alumnado, e axudas para libros de texto para educación infantil 2022/2023. Estas axudas xestiónanse únicamente no Concello (prazo do 18 de abril ata o 6 de maio, ámbolos dous incluídos).

As instancias pódense recoller na Oficina de Atención Cidadá situada na Praza San Martiño 2- Baixo), nas oficinas municipais da Rúa Bispo Carrascosa 8 e en todas as UNIS de Benestar Social.

Mais información na web do Concello de Ourense:   www.ourense.gal na Área de Asuntos Sociais.

AVISO IMPORTANTE

 

Para facilitar as entradas do alumnado, a partires do luns 8 de novembro, os pais/nais que así o precisen poderán entrar no patio (cancha de fútbol) na zona que atoparán delimitada. Só un adulto por alumno/a que permanecerá no recinto escolar o menor tempo posible.

 

Distribuir contido