PROCESO DE ADMISIÓN DO ALUMNADO PARA O CURSO 2024-2025

PRIMEIRA FASE: PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES EN CENTROS ADSCRITOS PARA CURSAR A EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA

 

O día 15 de xaneiro, iníciase o procedemento de admisión de alumnado para o curso 2024-2025 en centros docentes sostidos con fondos públicos.

Actívase así a primeira fase do procedemento para RESERVA DE PRAZA en centros adscritos para alumnado que cambie de etapa. No caso do noso centro aféctalle ao alumnado de 6º de Primaria que desexe cursar 1º da ESO no instituto ao que estamos adscritos: IES Otero Pedrayo.

 

Os interesados deberán presentar solicitude de reserva de praza no prazo comprendido entre o 15 de xaneiro e o 5 de febreiro.

As solicitudes poderanse presentar:

- No CEIP Plurilingüe Inmaculada (en formato papel), logo de cubrir o formulario correspondente que se pode recoller no centro ou descargalo premendo no adxunto desta nota informativa. 

- Telematicamente, a través da aplicación ADMISION ALUMNADO, seguindo as orientacións que aí se indican. Nesta  mesma ligazón tamén se poden atopar os accesos á lexislación aplicable e aos formularios de solicitude de reserva.

 

AdxuntoTamaño
ED550A-G-Reserva praza.pdf1.23 MB