Taboleiro

CELEBRAMOS O MAGOSTO

Hoxe 12 de novembro celebramos a FESTA DO MAGOSTO coa visita das castañeiras que repartirán castañas e bolos preñados entre o alumnado que así o desexe.

 

MOITAS GRAZAS POLA VISITA!

 

 

AVISO IMPORTANTE

 

Para facilitar as entradas do alumnado, a partires do luns 8 de novembro, os pais/nais que así o precisen poderán entrar no patio (cancha de fútbol) na zona que atoparán delimitada. Só un adulto por alumno/a que permanecerá no recinto escolar o menor tempo posible.

 

CURSO 2021-2022- SERVICIO DE ACOLLIDA TEMPERÁ E COMEDORES FAPA OURENSE

INFORMACIÓN AOS USUARIOS NO SEGUINTE ARCHIVO ADXUNTO:

 

 

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO: AXUDAS PARA ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2021-2022

 

Estimadas familias, xa está aberto o prazo para a solicitude de axudas para libros de texto e material

escolar, para o vindeiro curso 2021-2022.

 

Pódese consultar toda a información nas seguintes ligazóns:                                                  

 

1. Circular informativa

 

2. A Orde completa publicada no DOG do 20 de maio

 

3. O acceso á sede dixital para presentar telemáticamente.

 

4. O acceso á aplicación fondolibros para xenerar a solicitude.: 

 

O impreso de solicitude pódese imprimir e cubrir manualmente ou recoller no

 

centro, onde estará dispoñible .

 

Anexos 1 e 2

 

5. cálculo da renda per cápita (con respecto á Renda 2019)

 

6. A documentación obrigatoria a presentar.

DEPUTADOS POR UN DÍA

 

Un ano máis dende o centro participamos no programa sobre valores, DEPUTADOS POR UN DÍA. O alumnado de 6º de Educación  Primaria elabora unha ponencia e redacta   dous compromisos.

Neste programa participan outros tres colexios galegos,que fan o mesmo que o noso.

Os compromisos dos colexios galegos versan sobre os Obxectivos para o Desenvolvemento Sostible que Falan de loitar contra a pobreza, as desigualdades e promover a xustiza social.

Entre todos os compromisos redactados , o alumnado e familias  votará   un deles. (OS COMPROMISOS DO NOSO CENTRO SON o 7,8 e 9)

O enlace para participar e votar o compromiso  é o seguinte:

https://forms.gle/SvfKLFbBUNgvmFSZ8

Ademais o día 6 de maio ás 11:00 a. m. terá lugar unha lectura telemática da ponencia e  dos compromisos en liña dende a aula de 6º de primaria, en conexión co resto dos centros participantes, coa intervención do  Presidente do Parlamento Galego, o Presidente de Aldeas Infantiles e a coordinadora do programa.

Toda a comunidade educativa poderá asistir como público, convidámosvos a participar, para elo deberedes registrarvos no seguinte enlace ata o mesmo día do acto e incluso durante éste.

 http://bit.ly/dpud_galicia

XA CHEGOU A PRIMAVERA

XA CHEGOU A PRIMAVERA !!!!!!!

 

PORTADAS AXENDA ESCOLAR

No seguinte vídeo poderedes ver o traballo do alumnado que participou voluntariamente na creación das futuras portadas da axenda escolar que o colexio agasallará, como todos os anos,  o vinderio curso 2021-2022.

 

 

MOITAS GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN E PARTICIPACIÓN

Distribuir contido