DEPUTADOS POR UN DÍA

 

Un ano máis dende o centro participamos no programa sobre valores, DEPUTADOS POR UN DÍA. O alumnado de 6º de Educación  Primaria elabora unha ponencia e redacta   dous compromisos.

Neste programa participan outros tres colexios galegos,que fan o mesmo que o noso.

Os compromisos dos colexios galegos versan sobre os Obxectivos para o Desenvolvemento Sostible que Falan de loitar contra a pobreza, as desigualdades e promover a xustiza social.

Entre todos os compromisos redactados , o alumnado e familias  votará   un deles. (OS COMPROMISOS DO NOSO CENTRO SON o 7,8 e 9)

O enlace para participar e votar o compromiso  é o seguinte:

https://forms.gle/SvfKLFbBUNgvmFSZ8

Ademais o día 6 de maio ás 11:00 a. m. terá lugar unha lectura telemática da ponencia e  dos compromisos en liña dende a aula de 6º de primaria, en conexión co resto dos centros participantes, coa intervención do  Presidente do Parlamento Galego, o Presidente de Aldeas Infantiles e a coordinadora do programa.

Toda a comunidade educativa poderá asistir como público, convidámosvos a participar, para elo deberedes registrarvos no seguinte enlace ata o mesmo día do acto e incluso durante éste.

 http://bit.ly/dpud_galicia