Graduación fin de curso 2021

 

Aquí deixámosvos os vídeos da Gradación de 6º E.Primaria e 6º E.Infantil.

 

 

 

 

Celebramos no cole o Día das Letras Galegas

Este ano as nenas e nenos do CEIP Inmaculada sacamos os nosos instrumentos musicais para falar de Xela Arias, a quen está adicado o Día das Letras Galegas 2021

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO: AXUDAS PARA ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2021-2022

 

Estimadas familias, xa está aberto o prazo para a solicitude de axudas para libros de texto e material

escolar, para o vindeiro curso 2021-2022.

 

Pódese consultar toda a información nas seguintes ligazóns:                                                  

 

1. Circular informativa

 

2. A Orde completa publicada no DOG do 20 de maio

 

3. O acceso á sede dixital para presentar telemáticamente.

 

4. O acceso á aplicación fondolibros para xenerar a solicitude.: 

 

O impreso de solicitude pódese imprimir e cubrir manualmente ou recoller no

 

centro, onde estará dispoñible .

 

Anexos 1 e 2

 

5. cálculo da renda per cápita (con respecto á Renda 2019)

 

6. A documentación obrigatoria a presentar.

Día da Familia en 3º de primaria do CEIP Inmaculada

Con este agasallo para as familias queremos celebrar os nenos e nenas de 3º de primaria o Día da Familia, que se celebra o 15 de maio.

Os minerais en 3º de Primaria

As nenas e nenos de 3º de Primaria examinan diferentes minerais:

DEPUTADOS POR UN DÍA

 

Un ano máis dende o centro participamos no programa sobre valores, DEPUTADOS POR UN DÍA. O alumnado de 6º de Educación  Primaria elabora unha ponencia e redacta   dous compromisos.

Neste programa participan outros tres colexios galegos,que fan o mesmo que o noso.

Os compromisos dos colexios galegos versan sobre os Obxectivos para o Desenvolvemento Sostible que Falan de loitar contra a pobreza, as desigualdades e promover a xustiza social.

Entre todos os compromisos redactados , o alumnado e familias  votará   un deles. (OS COMPROMISOS DO NOSO CENTRO SON o 7,8 e 9)

O enlace para participar e votar o compromiso  é o seguinte:

https://forms.gle/SvfKLFbBUNgvmFSZ8

Ademais o día 6 de maio ás 11:00 a. m. terá lugar unha lectura telemática da ponencia e  dos compromisos en liña dende a aula de 6º de primaria, en conexión co resto dos centros participantes, coa intervención do  Presidente do Parlamento Galego, o Presidente de Aldeas Infantiles e a coordinadora do programa.

Toda a comunidade educativa poderá asistir como público, convidámosvos a participar, para elo deberedes registrarvos no seguinte enlace ata o mesmo día do acto e incluso durante éste.

 http://bit.ly/dpud_galicia

Día da nai 2021

Celebramos o día da nai no C.E.I.P. Inmaculada

Día do libro 2021

Alumnas e alumnos de 2º de primaria no Día do Libro

Aberto o prazo para solicitar axudas para libros e comedor, a presentar no Concello de Ourense ata o 3 de maio.

IMPORTANTE: PARA A INFORMACIÓN, SOLICITUDE E XESTIÓN DESTAS AXUDAS DEBEN DIRIXIRSE SEMPRE AO CONCELLO DE OURENSE (ASUNTOS SOCIAIS). 988 388 100-Concello de Ourense.

O Concello de Ourense abre hoxe martes 13 de abril, os prazos para solicitar as axudas que lles concederá este ano ás familias para afrontar os gastos en libros e comedores escolares para o próximo curso 2021/2022. O Concello publica o extracto da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Ourense de hoxe e na páxina web municipal www.ourense.gal, de forma que as persoas interesadas poidan presentar as súas solicitudes. O prazo é de 15 días hábiles, ata o 3 de maio.

As solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de Ourense ou en calquera das formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, del 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Toda a información e impresos están na web do Concello.

Información completa do Concello de Ourense.

BOP DO 25 DE MAIO DE 2019, no que se detalla na páxina 11 a documentación para achegar para a solicitude das axudas, así como o resto de requisitos.

Modelo de solicitude na páxina 14 do BOP, e modelo de "declaración responsable" en páxina 15, para imprimir e achegar co resto da documentación.

Distribuir contido