música

UN PASEO POLA MÚSICA DE GALICIA

Carlos López Abraira preséntanos unha páxina que nos leva de paseo pola música de Galicia. Historia, música tradicional, o folk, o pop ou o rock son algúns dos elementos que atoparedes. Contén textos, imaxes, audios e actividades que nos guiarán neste interesante paseo virtual pola música de Galicia.

https://www.edu.xunta.gal/espazoAbalar/sites/espazoAbalar/files/datos/14...

VISITA DE HÉCTOR LORENZO

Con motivo da vindeira celebración o Día do Libro (23 de abril), o luns día 20 de abril, recibimos no centro a visita dun músico moi especial; Héctor Lorenzo.

É un artista que pon música aos poemas en galego do poeta Raúl Gómez Pato, e móstraos aos máis pequenos. Estes participan, cantan e colaboran dun xeito moi dinámico facendo así que os máis pequenos se acheguen á poesía.

Mirade algunhas imaxes da actuación da que disfrutamos todos e todas no CEIP Gándara-Sofán.