SAMAÍN
CONCURSO DE FOTOGRAFÍA TERRORÍFICA 2021
Estes son os gañadores por aula do concurso de fotografía terrorífica 2021 e Bruno, o gañador do colexio coa súa mesa adicada aos antepasados baseada no "Día dos mortos" en México.
Grazas a todos e a todas por participar.
Taboleiro do Samaín
Aquí podedes ver os gañadores e gañadoras do concurso de fotografía do Samaín. Parabéns!
Recomendación de lecturas de medo para Samaín
Durante esta semana terrorífica podedes buscar e ler contos de medo da biblioteca do centro como estes que vos deixamos a continuación:
A verdadeira historia do Samaín
Aquí podedes ver e escoitar a historia da orixe celta do Samaín, orixinaria da nosa cultura:
Cantar e bailar no Samaín
Aquí podedes atopar cancións para cantar e bailar durante esta semana máxica de Samaín:
TABOLEIROS DA LINGUA
ESTES SON OS TABOLEIROS DA LINGUA QUE ELABORAMOS NO 1º TRIMESTRE:
COLGAMOS AS CAMISETAS COAS MENSAXES SOBRE A SEMANA DO CLIMA.
DURANTE O SAMAÍN COLGAMOS ESTROFAS DAS CANCIÓNS QUE IAMOS CANTAR DENTRO DE IMAXES TERRORÍFICAS.
DURANTE O MES DE NOVEMBRO, SENDO O 25 O DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO, TRABALLAMOS CO CONTO DE "ARTUR E CLEMENTINA" E COA CANCIÓN "QUE NON MO NEGUEN" DE TANXUGUEIRAS.