Actividades

24 de febreiro: aniversario de Rosalía de Castro

Hoxe, 24 de febreiro, celebramos o aniversario de Rosalía de Castro decorando as súas carautas, lendo o libro da colección dos Bolechas, as miñas primeiras Letras Galegas: Rosalía de Castro e escoitando estas cancións homenaxeando tando a súa vida como a súa obra.

Aquí vos deixamos algunhas imaxes:

Genial.ly "Descubrindo a Rosalía"

Entrade neste Genial.ly para xogar a descubrir novas cousas de Rosalía de Castro, tendo presente que o 24 de febreiro é o seu aniversario.

Pincha aquí para entrar no Genial.ly de Rosalía

Máscaras de Rosalía e Xela Arias

Dende a primeira homenaxeada nas letras galegas, ROSALÍA DE CASTRO, ata a homenaxeada este ano 2021, XELA ARIAS.

Aquí vos deixo máscaras para poder xogar a ser estas poetas ilustres, referentes da nosa lingua.

Descargádeas aqui:

Mandadiños do Entroido 2021

Estes son os mandadiños colgados nos nosos Manoliños:

TABOLEIRO DA PAZ

No taboleiro da lingua deste mes de xaneiro elaboramos entre todos e todas un mural adicado ao Día Escolar da Non Violencia e a Paz 2021 e ao gañador do Nobel da Paz: o banco mundial de alimentos.

Aquí podedes ver qué bonito nos quedou:

Cantemos pola paz

Aquí vos deixamos as canción para traballar esta "semana da paz":

Os nosos plans para 2021

No taboleiro da lingua podedes ler os nosos plans e desexos para o ano 2021 en forma de bolas de árbore de Nadal.

Boas festas e feliz ano! :)

Teño dereitos. Día Universal da infancia

Hoxe, 20 de novembro de 2020, celébrase o DÍA UNIVERSAL DA INFANCIA.

Todas as aulas do colexio traballaremos co conto "Teño dereitos" de Miguel Robledo.

 

Recomendación de lecturas de medo para Samaín

Durante esta semana terrorífica podedes buscar e ler contos de medo da biblioteca do centro como estes que vos deixamos a continuación:

A verdadeira historia do Samaín

Aquí podedes ver e escoitar a historia da orixe celta do Samaín, orixinaria da nosa cultura: