Neste terceiro trimestre xogamos coa mesa sensorial e aprendemos con novos xoguetes
RECUNCHOS
Actividades nos recunchos no segundo trimestre en 5 anos
Aquí podedes ver algunhas das actividades que levamos a cabo durante o segundo trimestre: patróns de bloques lóxicos, minimundos con partes soltas, descubrindo a sombra e taller de arte "Un campo de flores" no patio do colexio e dous experimentos "o ovo saltarín" e "volcán efervescente":
Recunchos do primeiro trimestre (5 anos)
Aquí vos deixo algunhas fotiños de varios dos recunchos que levamos a cabo na aula ce 5 anos durante este primeiro trimestre.
Por un lado introducímonos nas minúsculas co noso nome e apelidos:
E ademais perfeccionamos a nosa estructuración espacial con xogos de imitar o modelo, xogamos coa plastilina formando números e relacionamos cantidade de noces e regletas co seu número correspondente:
PRIMEIROS RECUNCHOS NA AULA DE 5 ANOS
No mes de setembro e outubro estivemos levando a cabo os primeiros recunchos do curso:
MESA SENSORIAL DO OUTONO
ASOCIACIAMOS O NÚMERO COA CANTIDADE
IMITAMOS A IMAXE COS PAUS DE CORES
APRENDEMOS A XOGAR AO DOMINÓ SÓS
BUSCAMOS AS LETRAS DO VOCABULARIO DE HIXIENE PERSOAL
CARTA DOS NENOS E NENAS DE 3 ANOS ÁS SÚAS FAMILIAS
Estimadas familias:
Este trimestre comezamos unha nova aventura: o colexio.
Ao principio estábamos algo nervios@s, pois non sabíamos que nos iamos atopar. Agora xa sabemos que o colexio é un espazo agradable onde facemos cousas moi divertidas: aprendemos multitude de cancións, bailamos, xogamos con novos amigos e amigas, aprendemos cousas novas... De seguido poderedes ver algúns exemplos:
No período de adaptación gustounos moito xogar coa plastilina, coa cociniña, cos coches... e elaboramos un minimundo selvático.
