CARTA DOS NENOS E NENAS DE 3 ANOS ÁS SÚAS FAMILIAS

Estimadas familias:

Este trimestre comezamos unha nova aventura: o colexio.

Ao principio estábamos algo nervios@s, pois non sabíamos que nos iamos atopar. Agora xa sabemos que o colexio é un espazo agradable onde facemos cousas moi divertidas: aprendemos multitude de cancións, bailamos, xogamos con novos amigos e amigas, aprendemos cousas novas... De seguido poderedes ver algúns exemplos:

No período de adaptación gustounos moito xogar coa plastilina, coa cociniña, cos coches... e elaboramos un minimundo selvático. 

Foron pasando os días e celebramos o Magosto e o Samaín coa mestra Miriam  (pois a mestra Sabela, como ben sabedes, tivo mala pata). Durante ese tempo elaboramos, entre outras moitas cousas, unha castaña xigante!.

Ademais comezamos a recoñecer as letras do noso nome.

Por outro lado, durante este primeiro trimestre, levamos a cabo o proxecto  "O meu corpo" xunto cos demais compañeiros e compañeiras de educación infantil. Entre outras actividades medímonos con bloques, elaboramos bonecos e fixemos unha silueta cos nosos corpos que logo convertimos nun Papá Noel.

 

Ademais, comezamos a coñecer os diferentes recunchos da nosa aula:

No recuncho da lóxica-matemática fixemos series, puzles...

  

No recuncho das letras descubrimos os nosos nomes:

No recuncho da arte descubrimos as cores:

E no recuncho simbólico xogamos con animais e troncos de madeira, coa cociniña e o supermercado, coas bonecas...

Rematada esta primeira etapa do curso só queda disfrutar das vacacións de Nadal  sen esquecer que o mellor regalo sodes vos!

 Unha aperta, os vosos fill@s.

 


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013
- Designed by EZwpthemes Drupalized by Azri Design