LETRAS GALEGAS 2016

Co gaio da celebración das Letras Galegas no noso centro, foron moitas as actividades que fixemos para homenaxear a Manuel María!!

 

Visitounos Manuel de Paderne e deleitounos con versos de Manuel María!!

 

Interpretamos "Caracol, caracoleiro" (interpretada por Suso Vaamonde e con letra do poema do autor homenaxeado) e uns compañeiros/as e grandes artistas tocaron e cantaron en galego!!

 

 

 

Fixemos unha pequena exposición con información sobre Manuel María e en cada aula traballouse un pequeno poema da obra "Soños na gaiola"!!

  

Empregamos os "escornabots" para facer xogos con datos da vida e obra de Manuel María!!

E practicamos moito nos E.D.I.s con enlaces Lim sobre o autor!!

Participamos nunha carreira de orientación na que todas as probas e preguntas discorrían arredor do autor homenaxeado!!


E este foi o equipo gañador!!!!

 

Pasámolo xenial!!!

Feliz día das Letras Galegas!!!