SAÍDA DE EDUCACIÓN INFANTIL Á "CASA DO QUEIXO"

Chegado o bo tempo, os nenos e nenas de Educación Infantil do Gándara-Sofán fomos de excursión.


Saímos ben preparados/as e con moitas ganas de pasar o día na "Casa do Queixo" en Sobrado dos Monxes.


Alí coñecemos como se trata a lá das ovellas ata poder ser empregada para facer prendas de vestir, visitamos un muíño "encantado", fixemos queixo e puidemos ver diferentes animais de granxa e coñecer as súas principais caraterísticas e peculiaridades!!


Non sen descansar para comer e xogar un pouquiño...!!


Mirade algunhas fotos do que fixemos neste día!!


 


 




  



Pasámolo moi ben e estamos desexando repetir!!


 


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013
- Designed by EZwpthemes Drupalized by Azri Design