Dende o concello de Carballo, solicitóusenos aos centros educativos que colaborasemos na exposición anual que se fai no Pazo da Cultura con motivo da celebración da Semana do Libro.
A exposición titúlase "Da ciencia á ficción" e nós levamos un mural coas mulleres científicas sobre as que estivemos traballando e diferentes experimentos para que os visitantes os poidan ver e manipular.
O mural que preside a zona ocupada polo Gándara-Sofán é este. Así o fomos facendo pouco a pouco no cole:
Pero ademais de traballar moi duro para levar o traballo, invitáronnos a case tódolos nenos e nenas do cole para velo.
Aos de 4 e 5 anos tocounos o xoves 14 de maio. Fomos ben contentos no autobús e alí puidemos ver os traballos de ciencia e de ficción do resto dos coles do concello.
Ademais, xa para rematar, asistimos a unha representación teatral na que os protagonistas eran dous pequenos seres de cartón que contaban e vivían historias incríbles. Foi unha obra moi dinámica e atractiva para os nenos/as na que se primaban os valores da amizade, do respecto, da puntualidade, do compromiso...
Mirade algunhas fotos da saída: