PAZ

Día da Paz

O día 30 de xaneiro celebramos o día da paz. Este ano traballamos os países da india e de paquistán, xa que os premiados co Nobel da paz, son destes países.

Terceiro ciclo traballou a figura de Malala, nena paquistaní atacada polos talibanes por defender o dereito de que todas as nenas vaian á escola.

 

Vimos cousas moi interesantes destes países como as moedas, convertimos rupias a euros, xogos típicos e bailamos unha coreografía como as de Boolywood da India. Tamén aprendimos a vestirnos coma a xente destes países. Ademais tivemos a sorte de que a irmá de Noa de sexto viaxara a India e deixounos ver rupias e saris dalí.