EXPLORANDO CO MICROSCOPIO

Explorando a vida


benvidos e benvidas compañeiros/as!
Nesta entrada queremos amosar algunhas das nosas actividades de clase.
No comezo de curso aprendimos en ciencias naturais cómo os seres vivos estamos compostos de células. As células son as unidades básicas da vida, é dicir, todo ser que teña una ou máis células é un ser vivo.
O tema ao principio parecida un pouco rollo. iso das células semellaba algo complicado. Para facelo máis sinxelo levamos a cabo un pequeno experimento de exploración co microscopio.
O que fixemos foi o seguinte:
1. Cortamos un anaco de cebola e collimos un anaco fino de pel.
2. O colocamos con cuidado estiradiño no portaobxectos (ese cristaliño que se usa para poñer as mostras no microscopio).
3. Teñimos a cebola con iodo (unhas gotiñas de betadine ou povidona para curar as feridas)
4. Secamos cun papel fino e colocamos o cubreobxectos
5. O colocamos no microscopio, escollemos a lente co revólver e axustamos a altura do microscipio para enfocar ben e....



Nesta imaxe podemos ver cómo as células vexetais teñen unha parece celular máis ancha que a membrana celular das células animais e cómo as células se xuntan para formar tecidos, e éstes para formar órganos, que formarán sistemas.



Resulta curioso ver cómo estamos formados por millóns de esas pequenas partes microscópicas e cómo algúns seres vivos solo están formados por unha minúscula, pero importantísima célula.