A ÁRBORE DE PATANJALI

Na clase de catro anos, estamos a traballar as oito ensinanzas da filosofía do ioga (cada unha das cales se asocia coa parte dunha árbore), feitas polo pensdador hindú Patanjali (cuxa representación é unha serpe).

Polo que cada venres a serpe Patanjali nos visita e nos deixa unha ensinanza, ata o momento tivemos dúas visitas!

Na primeira Patanjali estaba nas raíces da árbore (yamas) as cales fan referencia o comportamento colectivo, ao tratar ben aos outros, compartir,...; así que cada equipo da clase (lobos, xirafas, osos e leóns) escolleu un xoguete e desfrutou dun momento de diversión. Despois, cada neno/a agradeceulle aos seus compañeiros/as ese momento de xogo.

Na segunda visita, Patanjali estaba no tronco (Niyama), o cal fai referencia ao coidado individual, a escoitar o noso corpo por dentro e por fóra. Debemos cultivar a mente (pensar,...) e tamén estar sanos por fóra (mantendo unha boa hixiéne...). Polo que nesta ocasión Patanjali trouxonos unha proba de lóxica (a cal consistía en facer torres con vasos de plástico segundo os números indicados e colocar as palliñas enriba dos vasos tendo en conta o modelo ofrecido); e tamén nos recordou a importancia da hixiene de mans, polo que nos limpamos co xel hidroalcolico.

Vos iremos informando do resto de ensinanzas de Patanjali!


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013
- Designed by EZwpthemes Drupalized by Azri Design