Estimadas familias:
Este venres o alumnado de 5º e 6º de primaria participará nun obradoiro de música tradicional en colaboración coa Asociación Cultural Santa Columba de Ribadelouro e co grupo de pandereteiras “Lagharteiras”.
A Agrupación folclórica Santa Columba de Ribadelouro leva máis de 50 anos sendo un referente na conservación e divulgación da música e baile tradicional galego. Na mesma liña, as “Lagharteiras”, que veñen dende Mos, tamén teñen unha longa traxectoria no proxecto de dignificar o patrimonio cultural galego.
Durante esta xornada os distintos grupos aprenderán bailes e melodías coma continuidade do traballo realizado na área de música e, ao remate da xornada, haberá unha actuación do grupo de baile e das pandereteiras.
Esperando que sexa de interese esta nova iniciativa, aproveitamos a ocasión para enviarlles un cordial saúdo,
O equipo de dinamización da lingua galega.