Estimadas familias:
De acordo coa Orde do 29 de abril de 2022 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar, dende o día 19 de maio ata o 22 de xuño está aberto o prazo de presentación de solicitudes.
- Os destinatarios do fondo solidario de libros de texto será o alumnado matriculado en 3º e 4º de EP.
O alumnado de 5º e 6 de EP, ao estar incluído no proxecto de educación dixital (E-dixgal), quedará excluído da participación no fondo solidario de libros de texto. Non obstante, poderán solicitar a axuda para adquirir material escolar cando reúnan os requisitos establecidos na orde.
- As axudas para adquirir libros de texto serán para o alumnado matriculado en 1º e 2º de EP.
- As axudas para adquirir material escolar estarán destinadas para alumnado matriculado en EP e que cumpran as condicións de renda per cápita da unidade familiar.
A elaboración da solicitude poderase realizar de forma presencial no centro, igual que nos cursos anteriores, ou a través da aplicación Fondolibros: https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/. Cubrindo Anexo I e Anexo II para a comprobación dos membros computables da unidade familiar e copia do libro de familia ou documento equivalente onde figuren o alumno/a e os demais membros computables da unidade familiar.
A presentación da solicitude realizarase no centro, en horario de secretaría, ou na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Máis información en:
https://www.edu.xunta.gal/portal/node/37025