Skip to Content

eTwinning

Projects de Irmandamento con escolas Europeas

Que é eTwinning?

 

 

Proxectos Europeos - Etwinning 

Qué é eTwinning?
eTwinning é unha iniciativa que apoia proxectos na rede entre dous ou máis centros escolares de alomenos dous países europeos. Os centros escolares crean un proxecto e levano a cabo utilizando as Tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC). Posto que os centros traballan utilizando Internet, non existen becas, nin requisitos burocráticos. Tampouco é necesario coñecerse persoalmente.

 Podemos traballar sobre calquera tema . Os proxectos deben repartirse equitativamente entre o uso das TIC e mailas actividades de clase, adaptandose ós programas escolares nacionais dos centros participantes no proxecto.
Lembrar: Un dos obxetivos de eTwinning é mellorar os coñecementos das TIC adaptandose o proxecto ós niveis de competencia TIC.

Pode desenvolverse entre dous profesores, equipos de profesores ou departamentos, etc. de todos os centros escolares de Europa. O tema a desenvolver utilizara os TIC, pode ser dunha mesma materia ou multidisciplinar. Todos os centros de preescolar, primaria, secundaria e bacharelato poden participar.
 
No  curso escolar 2018-2019, a escola estivo participando no Proxecto "A Year around Europe" xunto con centros de Alemania, Chipre, Eslovenia, Francia, Italia ,Noruega , Polonia, Suecia e Reino Unido.Compartimos as actividades que facemos en todas as Materias, especialmente as que teñen que ver coas nosas tradicións. As profes comunícanse en Inglés pero o alumnado pode traballar na súa lingua materna.Parte da colaboración neste Proxecto compleméntase coa Formación de futuros profes na Universidade de Leeds coa embaixadora británica Diana Lindford, Sally Ost e Lisa Madden no proxecto etwinning 2018-2019 no que participan os alumnos en prácticas da Facultade de Educación da Universidade de Vigo, alumnado do Grado de Filoloxía Inglesa da USC e a nosa auxiliar de conversa Tara.
Tamén estamos a traballar en español con nenos e nenas de Finlandia, Francia, Italia e a República Checa no proxecto:
La comida en tu país y en el mío - un proyecto para principiantes de español

 Os nenos e nenas de 4º e 5º teñen un amiguiño-a en Finlandia, na escola Eestinkalliou en Esbo , cós que manteñen correspondencia en español, cartas de Nadal, chats, pequenas mensaxes de correo electrónica, grazas ao Proxecto Intercambio de cartas Finlandia-España.

O alumnado de 3º de Primaria estivo traballando os problemas do plástico neste trimestre coa axuda das súas familias. Este problema preocupa a moitas ecolas de todo o mundo coas que compartimos inquedanzas no Proxecto Zero Waste.No segundo trimestre iniciamos un novo Proxecto secuela do anterior ,"One PlasticBag", no que propoñemos solucións para reducir e reciclar bolsas de plástico, xunto con centros da nosa contorna:C.E.I.P Manuel Vidal Portela e o CEIP Plurilingüe da Espiñeira en Aldán, Cangas. Terá continuidade no vindeiro curso escolar.

Neste curso escolar traballaremos nun novo Proxecto, no que compartiremos as actividades dos Proxectos desenvolvidos na escola , especialmente aqueles que afectan ao consumo responsable e respecto do medioambiente: ""ecoTwinning all year round" do que pronto engadiremos información. Traballaremos con: Alemania, Croacia, Eslovenia, Estonia, Francia, Italia, Polonia, Reino Unido e outras escolas da contorna.

 Como traballar en etwinning cós nosos alumnos?

Distribuir contido


Libro dixital

Novos teléfonos

Novos teléfonos do centro:

CONSERXERÍA: 886159531

DIRECCIÓN: 886159532

SECRETARÍA: 886159537

FAX: 886159535

ABALAR MÓBIL

Abalar Móbil

Correo Edu

by Dr. Radut