Skip to Content

'


Formalización de novas matrículas

Estimadas familias:

Recordámoslles que o prazo para a formalización de novas matrículas de alumnado que se incorpora en infantil e na etapa de primaria, de acordo co artigo 41 da Orde do 21 de outubro de 2022, establécese ata o 30 de xuño.

A documentación recollerase en horario de 10 a 12 horas.

 

O equipo directivo

 

Proxecto eTwinning Arcimboldo “Healthy Art”

Estimadas familias:

Como centro Etwinning, tentamos desenvolver proxectos en comunidade con diferentes escolas de Europa e inquietudes de traballo similares. Con “Arcimboldo Healthy Art” o noso alumnado realizou investigacións sobre hábitos saudables de alimentación, recreando as obras de arte do famoso pintor italiano do século XVI.

Ademais de traballar na aula virtual privada do TwinSpace, https://school-education.ec.europa.eu/en/networking/projects/160300 tamén facemos videochamadas para poñer en contacto ao alumnado dos diferentes centros que comparten este proxecto.

Confiamos en seguir aproveitando as oportunidades que nos ofrece esta plataforma europea para desenvolver as competencias e potencialidades do noso alumnado.

 

 

 

 

Distribuir contido


Libro dixital

Novos teléfonos

Novos teléfonos do centro:

CONSERXERÍA: 886159531

DIRECCIÓN: 886159532

SECRETARÍA: 886159537

FAX: 886159535

Correo:

ceip.froebel@edu.xunta.gal

ABALAR MÓBIL

Abalar Móbil

Correo Edu

by Dr. Radut