Estimadas familias:
O próximo martes día 30 temos a oportunidade de manter un encontro co Doutor en Psicoloxía, Profesor Titular da Universidade de Santiago de Compostela e Director Técnico da Unidade de Psicoloxía do Consumidor, Antonio Rial Boubeta.
Dende as seis da tarde e durante un par de horas Antonio conversará acerca do gran impacto que están a ter as tecnoloxías da relación, información e comunicación nas vidas cotiás dos nosos fillos e fillas.
Lonxe de aportar máis ruído neste tema o que buscamos é facilitar un acompañamento nesta tarefa obrigada de tomar partido e orientar cara unha cultura do esforzo, sustentada nuns valores desexables como sociedade.
Co fin de ter unha previsión da asistencia agradeceríamos a confirmación a través do seguinte enlace: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLScmya2D-7p50Y7-P9Zj9XOexeNYVQFOmP0Fniq4xuzO_7QCrg/viewform?usp=sf_link
Moitas grazas pola vosa colaboración e recibide un cordial saúdo,
