Skip to Content

Blogues

Horarios curso 24/25

Os horarios en relación á dispoñibilidade do equipo directivo neste novo curso están pendentes de concretar.

Nos próximos días actualizaremos esta entrada. O resto de servizos mantén a estrutura do pasado curso.

Reunións de presentación

 

Estimadas familias:

Quixéramos informarlles de que a partir do martes día 24 comezaremos as reunións de presentación coas titoras e titores de cada grupo, onde presentaremos a organización do novo curso, aqueles aspectos máis salientables para o bo desempeño académico e as necesarias normas de organización e funcionamento.

Aínda que seredes convocados a través do servizo de mensaxería “Abalar móbil”, achegamos xa as datas das próximas xuntanzas.

Moitas grazas pola vosa colaboración e recibide un cordial saúdo,

O equipo directivo

 

Martes 24 de setembro:

 

  • 16:00 a 17:00 reunión de 4º

     

  • 16:00 a 17:00 reunión de 5ºA e 5ºB (na aula de 3º ep)

 

  • 17:00 a 18:00 Reunión de 6º de EP

     

 

Martes 1 de outubro:

 

  • 16:00 a 17:00 Grupos de 5º e 6º de EI

     

  • 17:00 a 18:00 Grupos de 1º e 2º de EP

     

  • 18:00 a 19:00 clase de 3º EP

     

Guía para a aplicación Abalar móbil

Estimadas familias:

Achegamos novamente un documento explicativo coas principais funcións desta aplicación que poderedes usar para consultar información académica dos vosos fillos e fillas así como acceder aos servizos de notificacións e comunicacións.

Esperamos que este enlace sexa de axuda para as novas familias que se incorporan ao noso centro educativo.

Recibide un cordial saúdo,

O equipo directivo.

 

Entradas e saídas durante o mes de setembro

 

Estimadas familias:

Ante a situación de obras no interior do patio non será posible recibirvos neste comezo de curso, como viñamos facendo nos últimos anos.

Nas entradas accederá soamente o alumnado, exceptuando os nenos e nenas que se incorpora na etapa de infantil e que teñen un período de adaptación. As reunións de comezo de curso programaranse dende o mes de setembro e recibiredes información puntual das súas convocatorias.

Presentamos agora a organización das entradas e saídas a seguir mentres non estean rematados os traballos na cuberta.

Entradas

- Grupos de 4º de infantil, 5º de infantil e 6º de infantil: Poderán entrar na zona cuberta de acceso ao centro. O alumnado de 3 anos seguirá as quendas establecidas no período de adaptación.

 

- 1º e 2º de primaria: Estarán na beirarrúa de Xeneral Martitegui agardando a que toque o timbre e se lles chame para acceder de xeito ordenado pola entrada de infantil. Nestes primeiros días haberá carteis para que cada grupo saiba onde agruparse e profesorado axudando nas entradas.

 

Temos que xestionar as entradas deste xeito xa que o acceso de infantil está condicionado pola limitación de espazo como poderedes ver.

 

 

 

- Grupos de 3º, 4º, 5os e 6º de primaria: Agardarán na praza de Concepción Arenal, agrupados co seu curso. A entrada realizarase pola porta principal de madeira.

Tamén haberá carteis identificando a cada nivel e profesorado para axudar á organización.

 

Saídas

Á hora de recoller ao alumnado seguiremos a mesma estrutura:

- Infantil e alumnado do 1º ciclo de primaria entregaranse na porta negra por grupos, comezando pola etapa de infantil.

- 2º e 3º ciclo de primaria sairán acompañados co profesorado que lle corresponda á Praza Concepción Arenal.

 

Confiamos en que a choiva nos respecte nestes primeiros días para ter unha maior axilidades nos accesos ao centro.

Moitas grazas pola vosa colaboración. Un cordial saúdo,

 

O equipo directivo.

 

Distribuir contido


Libro dixital

Novos teléfonos

Novos teléfonos do centro:

CONSERXERÍA: 886159531

DIRECCIÓN: 886159532

SECRETARÍA: 886159537

FAX: 886159535

Correo:

ceip.froebel@edu.xunta.gal

ABALAR MÓBIL

Abalar Móbil

Correo Edu

by Dr. Radut