CIRCULAR SOBRE FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO

CIRCULAR SOBRE FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO

Estimadas familias no DOGA do 19/05/2020 saíu publicada a orden do 12 de maio do 2020 que regula o Fondo Solidario e axudas para material escolar para o vindeiro curso destinadas a alumnado de 1º a 6º. Que poden consultar https://www.edu.xunta.es/fondolibros/

Debido ás especiais circunstancias que estamos a vivir a forma de solicitar esta axuda vai ser a seguinte. Teñen as seguintes opcións tal como indica a páxina https://www.edu.xunta.es/fondolibros/

A)    

Se optan pola vía da presentación electrónica precisarán a Chave 365 ou certificado dixital.  Entren en https://www.edu.xunta.es/fondolibros/  e sigan os pasos. Con esta opción non teñen que vir ao centro a nada relacionado con este trámite. Recomendámoslle esta vía, co fin de evitar contaxios que usen esta vía,  que é máis rápida e segura. E non precisa cita previa.

B)     

Se optan pola vía de presencial deberán vir ao centro cos anexos I e II xa cubertos e asinados, (descarga en https://sede.xunta.gal/doc-invia/rest/anexos/23300466  xunto con copia e orixinal de libro de familia, sentenza de divorcio e/ou certificado de minusvalía se é o caso. Neste caso deberán pedir cita previa a través do correo electrónico ceip.frions@edu.xunta.gal indicando: nome do alumno (ou alumnos no caso de irmáns), día que prefire a cita, franxa horaria (entre as 10:00 e 13:30) para poder acudir ao centro e teléfono de contacto. Responderémoslle o correo co dia e hora fixada.

Para evitar aglomeracións de última hora establecemos un calendario onde que cada curso terá un día fixado de atención preferente da seguinte forma

Luns 25/5

Martes 26/5

Mércores 27/5

Xoves 28/5

Venres 29/5

1º e 2º EP

3º e 4º EP

5º e 6º EP

1º e 2º EP

3º e 4º EP

Luns 1/6

Martes 2/6

Mércores 3/6

Xoves 4/6

Venres 5/6

5º e 6º EP

1º e 2º EP

3º e 4º EP

5º e 6º EP

 

No caso de familias con irmáns de distintos cursos poderán elexir o día no que pedir a cita

 

Só poderá vir unha persoa por familia e deberá traer máscara protectora. Deberase usar xel hidroalcólico ao chegar ao centro.

É moi importante que traian fotocopias dos documentos solicitados e que os impresos estén correctamente cubertos e asinados.

                                                                                                                                 Frións 20 de maio de 2020

 

Polo ben de todos e todas, coidémonos, cumplamos as normas.