Hoxe comezamos unha nova actividade no cole na hora de ler
AS LECTURAS COMPARTIDAS
Ata final de curso, realizaremos a hora de ler dos venres no patio e compartiremos ese tempo cos compañeiros e compañeiras doutras clases
Será unha experiencia moi enriquecedora para todo o alumnado
HOXE 23 de abril, para conmemorar o día do libro, viñemos ao cole caracterizados coa portada do noso libro favorito! Nosas profes fixeron de fotógrafas e reporteiras! Subimos ao escenario para contar por qué nos gusta ou gustou o libro e recomendalo. Apareceron títulos novos que serán añadidos aos fondos da Nosa Biblio!!! As fotos das portadas colgarèmolas no TENDAL DO DíA DO LIBRO, situado na entrada do cole. Agardamos que a situción mellore para que poidades visitalo!
MOITAS GRAZAS A TODAS E A TODOS POR PARTICIPAR!
Na semana do 11 de febreiro, día internacional da muller e a nena na ciencia, as nenas e nenos do CEIP tiveron que buscar pola biblioteca CÓDIGOS QR coas tablets, que redirixian a páxinas do libro: "LAS CHICAS SON DE CIENCIAS", investigaron sobre 6 MULLERES CIENTÍFICAS: foto ou debuxo, nome, data e lugar de nacemento, por qué foi importante, seu lema e algúns datos curiosos...
Tamén realizaron un EXPERIMENTO que nos permitiu poñerlle luz á nosa mascota FONTUGA!!
As nenas e nenos de infantil coñeceron a JANE GOODALL e a DIAN FOSSY, AMIGAS DOS GORILAS!
Achegamos o álbun con algunhas fotos das xornadas, organizadas coa colaboración do equipo TIC!
O equipo de Biblioteca organizou con moita ilusión a chegada do Nadal á nosa Biblioteca.
Ahegamos algunhas imaxes coas actividades propostas; Advento Lector, árbore de nadal e mural colaborativos así como algunhas actividades de repaso navideñas.
O EQUIPO DE BIBLIOTECA E NOSA MASCOTA FONTUGA DESEXAMOSVOS
BO NADAL E FELIZ ANO NOVO!
O Día das Escritoras é unha iniciativa promovida pola Biblioteca Nacional de España en colaboración coa Federación Española de Mujeres Directivas, Ejecutivas, Profesionales y Empresarias (FEDEPE) e coa Asociación Clásicas y Modernas. Desde 2016 búscase reivindicar o labor e o legado das escritoras a través da historia. A V Edición celébrase este ano 2020 o 19 de outubro baixo o lema "O esforzo cotián das mulleres". "Ben se podería dicir que a literatura escrita por mulleres está a miúdo esporeada por unha conciencia esencial do esforzo." , explica Elvira Lindo, comisaria desta V Edición do Día das Escritoras 2020.
As alumnas e os alumnos de 4º de Educación Primaria recitaron un poema de Elvira Riveiro. As redes de Inés. Xerais.
CLICA NA IMAXE PARA PODER VELO!
Co gallo da celebración do Día da Biblioteca, o 24 de outubro organizaranse unha serie de actos no noso colexio. Por cursos, farase un xogo de busca de pezas da mascota da biblioteca coa finalidadede que ao atopalas o alumnado realice un puzzle e entregarlles as mochilas viaxeiras.Tamén faremos unha votación para darlle nome á nosa mascota tartaruga.
Estimadas familias:
D. Carlos Gómez Prado, alcalde de Baiona, convida a tódalas familias e alumnado ao ACTO de presentación do libro: "UN PASEO POR BAIONA", que se celebrará o vindeiro martes 28 de xuño ás 18:00H nos xardíns da casa de Navegación. O alcalde acudiu persoalmente ao CEIP para facer entrega de un exemplar do libro para cada alumna e alumno de Primaria.
Moitísimas grazas por este fermoso agasallo!
Para conmemorar o 8 de marzo, Día Internacional da Muller, o equipo de biblioteca organizaou as seguintes actividades:
Moitísimas GRAZAS ás ALUMNAS, ALUMNOS, PROFESORAS e PROFESORES do IES 1º DE MARZO de ANIMACIÓN SOCIOCULTURAL E TURÍSTICA por...
Crear un ambiente que nos invita a imaxinar
Transportarnos a un mundo máxico
Axudarnos a soñar cos ollos abertos