Skip to Content

COMEZO DO CURSO 2023/2024

Estimadas familias:

Queremos darvos a benvida a un novo curso académico de parte de todo o profesorado que conforma o claustro do CEIP Felipe de Castro de Noia.

Como aparece recollido na orde do calendario escolar este curso 2023/24, dará comezo o día, luns 11 de setembro de 2023, no horario habitual de 9:00h a 14:00h. Haberá servizo de autobús no horario habitual. O alumnado deberá traer material para traballar (estoxo e libreta...) e merenda para hora do recreo.

Sen máis, desexarvos novamente un bo inicio de curso para toda a nosa comunidade educativa.

 

Atte, a dirección do centro.

REUNIÓNS DE TITORIAS

No arquivo adxunto publicamos as datas e horarios das titorias de inicio de curso.

MATERIAL ESCOLAR PARA PRIMARIA CURSO 2023/2024

Adxuntamos os enlaces do material necesario para este curso.

CALENDARIO ESCOLAR CURSO 2023-2024

Pinchando na imaxe accederá ao calendario escolar deste curso.

 

calendario_23-24

COMUNICADO DA ANPA

Dende a ANPA informamos que este vindeiro curso temos ofertado de novo o plan concilia que viñamos realizando co programa Bos Días e Comedor.
 
 
Dende a ANPA Avilés de Taramancos lanzamos o noso Plan Concilia para o curso 23-24
SERVIZO COMEDOR
• Horario: 14:00h a 16:00h.
• Meses: de setembro a xuño ( todo o período escolar)
• Prezo habituais.: Coste fixo de 30€ + 4,4 por menú/día. Con desconto por irmá no menú do 10%.
• Prezo usuarios menos de 7 días ao mes. 8€ día.
• Para facer a preinscrición é preciso anotarse na seguinte ligazón:
 
https://forms.gle/WLUsAqK4WcdkoKwg8

SERVIZO MADRUGA
• Horario: 7:00h a 9:00h
• Meses de setembro e xuño.
• Coste para habituais 30€/mes. Coste para por día 3€, máximo 5 días. O prezo  inclúe o almorzo.
• Para facer a preinscrición é preciso anotarse na seguinte ligazón: 
 
 
*Prezos suxeitos a que o Concello de Noia colabore igual que o ano anterior*
+ info: anpaadt@gmail.com
 

n/d

RECOLLIDA DE AXUDAS PARA MATERIAL E LIBROS

O 4 e 5 de xullo farase a entrega dos vales para as axudas de material, de libros, e fondos libros para o próximo curso 2023-2024. O horario será de 9:30 a 13:30.

Poden consultar o estado da solicitude na aplicación fondo libros da xunta 

https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/

O XORNAL DE BERGONDO 2022-2023

Xa está dispoñible un novo número da nosa revista escolar dixital "O xornal de Bergondo"

Para ler a revista a pantalla completa premede na imaxe inferior.

LIBROS PARA O CURSO 2023-2024

Publicamos a lista dos libros que utilizará o alumnado no próximo curso 2023-2024. Poden visualizala no arquivo adxunto.

FESTA FIN DE CURSO

Xa chegou o fin de curso e os nosos alumnos e alumnas merecen unha boa despedida para celebralo e deste xeito o mércores 21 de xuño celebramos a nosa festa de fin de curso co espectáculo musical C@NTO CONTIGO a cargo de Paco Nogueiras.

O alumnado de 6º curso de primaria tamén realizou un espectáculo musical con coreografía ao ritmo do Waka Waka de Shakira.

Finalmente, fíxose entrega ao alumnado de 6º de Infantil dos diplomas de paso da etapa de Infantil a Primaria e xa para rematar entregáronse os diplomas acreditativos do seu paso polo CEIP Felipe de Castro ao alumnado de 6º de Educación Primaria.

Premede na imaxe inferior para ver unha presentación fotográfica desta festa na nosa galería.

Distribuir contido


by Dr. Radut