Skip to Content

ENTROIDO 2024

Premede na imaxe para iniciar a presentación fotográfica.

Álbum: Sen categoría -> ENTROIDO 2024

DÍA DA NON VIOLENCIA E DA PAZ

O 30 de xaneiro conmemoramos o Día da Paz. Dende o Felipe de Castro propoñemos unha educación en e para a tolerancia, a solidariedade, a concordia, e o respecto aos Dereitos Humanos. Coa unión das nosas mans simbolizamos o noso firme compromiso como defensores da paz e embaixadores do entendemento entre personas de distinta procedencia, raza, crenza, relixión, ideoloxía e modos de pensar.

Cremos  nunha educación inspirada na cultura de non violencia e paz, que permita ao noso alumnado adquirir coñecementos, actitudes e competencias que reforcen o seu desenvolvemento como cidadáns comprometidos cos seus dereitos e os doutras persoas.

Inicio do procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso 2024/2025

Fase de reserva de prazas en centros de adscrición

De conformidade coa disposición adicional primeira da Orde da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades do 21 de outubro de 2022, que regula o procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, o próximo día 15 de xaneiro de 2024 inícianse os trámites do procedemento (código ED550A), coa reserva de praza nun centro de adscrición para alumnado que cambia de etapa.

O prazo de presentación de solicitudes abranguerá do 15 de xaneiro ao 5 de febreiro do 2024, ambos incluídos.

Tanto a presentación das solicitudes como a consulta das listaxes de admitidos, que se publicarán o día 22 de febreiro, deberán realizarse no centro no que está matriculado o alumnado no presente curso ou a través da aplicación admisionalumnado (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/)

 

Solicitude de reserva (galego)

 

Solicitud de reserva (castelán)

Orde sobre o uso dos teléfonos móbiles e dispositivos electrónicos nos centros educativos

Orde de 4 de xaneiro de 2024 da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades sobre o uso dos teléfonos móbiles e dispositivos electrónicos nos centros educativos,  pola que se aproba o protocolo sobre o uso dos teléfonos móbiles e dispositivos electrónicos nos centros docentes de niveis non universitarios sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia.

 https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/20240104_orde_uso_mobiles_asinada.pdf

BONO DEPORTE

Engadimos información relativa ao alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de EP que asistiu á carreira de XOGADE de campo a través celebrada o MARTES 05 de decembro de 2023:

https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/85931/rueda-anuncia-que-bono-deporte-120-euros-estara-activo-8-enero-para-todas-las

Para a xestión da axuda podedes informarvos en:

https://www.bonodeporte.gal

Para dubidas e suxestións: bonodeporte@xunta.gal

 

As axudas non se xestionarán dende o centro educativo.

 

 


 

 

FELICITACIÓN DE NADAL

En nome da Comunidade Educativa do CEIP FELIPE DE CASTRO DE NOIA, desexámosvos unhas Felices Festas, e que se cumpran os mellores desexos para o novo ano 2024.

Un saúdo
O EQUIPO DIRECTIVO

 

NOTAS 1ª AVALIACIÓN

O informe Boletín de Notas da primeira avaliación será enviado exclusivamente por Abalar Móbil. Se tivera calquer problema co mesmo póñase en contacto co centro.

25-N: DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Como cada ano, cada 25-N conmemórase o Día Internacional Contra a Violencia de Xénero. Este ano, no CEIP Felipe de Castro, creamos o Xardín da Esperanza, no que o alumnado plantou as sementes que farán xermolar os ideais que poñan fin a esta situación que a ONU definiu como "unha das máis devastadoras violacións dos Dereitos Humanos".

Somos conscientes de que se trata dun tipo de violencia das máis extendidas e persistentes do mundo; dunha lacra á que, entre todas e todos, deberíamos poñer fin e, para iso, desde as aulas elaboramos os seguintes ideais que quedaron “plantados” no noso xardín:

En Educación Infantil, Aula Específica e 1º Ciclo de Primaria: as emocións e sentimientos asociados a actitudes de respecto hacia as mulleres (respecto, agarimo, lecidia…)

No 2º Ciclo de Primaria: accións e actitudes que promovan relacións de igualdade en todos os ámbitos da sociedade (dirixir empresas, pilotar avións…)

No 3º Ciclo de Primaria: elaboráronse lemas contra a violencia de xénero.

Esperamos que as ideas sementadas neste xardín xermolen e sexan un pequeno gran de area nese gran deserto que para as mulleres supón a violencia machista.

Contamos con todas e todos vós para conseguilo!.

 

Un dos grupos que traballaron no Xardín.

Magosto 2023

O venres 10 de novembro celebramos a festa do magosto no colexio. Por mor da chuvia, este ano tivemos que tomalas castañas asadas no interior do cole, pero aínda así desfrutamos da festa en compañía do grupo de gaitas "Os Salgueiriños". 

Álbum: Sen categoría -> Magosto 2023
Distribuir contido


by Dr. Radut