Skip to Content

Novas

ASAMBLEA XERAL ORDINARIA CURSO 2012-2013

            O vindeiro martes 18 de xuño, a Anpa convoca a asamblea xeral ordinaria correspondente o curso 2012-2013, co seguinte orde do día:

            ● Resumo das actividades realizadas durante o curso

            ● Estado das contas

            ● Propostas para o vindeiro curso

            ● Rogos e preguntas

            Consideramos que a vosa asistencia e importante e necesaria, así coma a vosa opinión para levar a cabo novas propostas e melloralas exitentes.

            Hora da asamblea. Única convocatoria: 20:00 h Lugar: Salón de actos do Colexio

                         A Directiva

ASAMBLEA EXTRAORDINARIA ADHESIÓN CONVENIO COMEDORES XUNTA

             Tras non recibir resposta por parte da Administración ó documento coa demanda necesaria para poder adherirnos ó convenio de comedores ofertado, enviado o pasado 8 de maio, e unha vez reunidos os socios en asamblea, a Anpa Avilés de Taramancos, pertencente ó C.E.I.P. Felipe de Castro de Noia, decidiu por unanimidade NON adherirse ó convenio de xestión de comedores ofertado pola Xunta, xa que nas condicións ofertadas resultaría imposible cubrilas necesidades reáis de demanda do servizo.

ACTUACIÓN DE PETER PUNK

O pasado martes 19 de Marzo, organizamo-la actuación de Peter Punk para tódolos nenos do cole, e como diría o xa noso amigo Peter Punk pasámolo guai guai que te cagas, aqui vos deixamos un pequeno vídeo para que vos fagades unha idea....

CHARLA MEDIOAMBIENTAL SOBRE OS BOSQUES AUTÓCTONOS (BARBANZA)

O vindeiro 18 de Marzo a Anpa organiza no centro para todos os alumnos unha interesante charla medioambiental sobre os bósques autóctonos de Galicia, en concreto do Barbanza, esta charla será impartida  polos Técnicos do Distrito Forestal IV da Xunta de Galicia.

Visualiza aqui o contido da charla

XORNADAS PSICOPEDAGÓXICAS 2013

Estimados socios,

Facémosvos chegar a invitación da ANPA do IES Virxe do Mar para asistir ás xornadas psicopedagóxicas que se celebrarán no IES Virxe do Mar no vindeiro mes de Marzo.

As Xornadas darán comezo o venres 8 de marzo, ás 20:00 no IES VIRXE DO MAR, e das que vos achegamos o programa das conferencias.

 Dada a calidade e importancia dos ponentes e dos temas a tratar, gustaríanos moito contar coa vosa presenza  e agradeceríamos que fixésedes difusión das mesmas ás persoas que lles puidese interesar, xa que son xornadas de portas abertas.

 Nestas xornadas que levan por título " NOVAS ADICIÓNS E CAMBIOS SOCIAIS", traranse temas de adicións as novas tecnoloxías, os novos cambios sociais como afrontalos, temas de acoso nas aulas .

Nestra primeira  conferencia a inauguración será ás 19/45 para entrega de material e presentación.

 ESPERÁMOSVOS .

Descargate aqui a programación das xornadas

Descargate aqui o cartel das xornadas

Distribuir contido


by Dr. Radut