Skip to Content

blogue deadmin

AXUDAS PARA LIBROS, MATERIAL ESCOLAR E FONDO DE LIBROS PARA O CURSO 2024/2025

Publicouse no DOG do luns 20 de maio de 2024 a orde para solicitar as axudas para libros do alumnado de 1º e 2º de Primaria, o fondo solidario de libros para o alumnado de 3º e 4º de Primaria e as axudas para mateiral escolar do alumnado de toda primaria. Poden descargar o DOG pulsando aqui.

Para o curso 2024/2025 os alumnos de 5º e 6º de Primaria non teñen fondo de libros xa que están incluidos no proxecto E-dixgal e recibiran un ordenador ao principio de curso.

As solicitudes presentaranse preferentemente vía telemática a través da aplicación Fondolibros da Consellería de Educación. O plazo de presentación de solicitudes é do 21 de maio ata o 21 de xuño ambos incluidos. Tamén se pode presentar presencialmente no colexio.

Poden descargar as follas informativas que realizou o colexio pulsando en cada unha delas:

Axudas para libros para o alumnado de 1º e 2º de Primaria

Fondo de libros para o alumnado de 3º e 4º de Primaria

Axudas para material escolar para todo o alumnado de Primaria

Tamén poden descargar a solicitude pulsando aqui e presentala presencialmente

CONCERTO DIDÁCTICO

O alumnado de 2º a 5º de primaria asistu o día 22 de maio ó concerto didáctico do Conservatorio "Felipe Paz Carbajal" de Noia no Coliseo Noela.

 

LISTAXE DEFINITIVA DE ADMISIÓN ALUMNADO

Todo o alumnado que fixo a solicitude de admisión de cara ao curso 24/25 está admitido.

Pódense consultar as listas na aplicación https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/ entrando coa CHAVE 365 ou co certificado dixital.

Para aquelas persoas que desexen consultalo no propio centro as listaxes están expostas no taboleiro do centro.

XORNADA INTERESCOLAR DE BALONCESTO

O venres 3 de maio o alumnado de segundo e terceiro ciclo participaron nunha xornada de baloncesto entre distintos centros educativos organizada polo CB Noia no polideportivo Alonso Rodríguez.

 

CAMPIONATO PROVINCIAL DE CAMPO A TRAVÉS

A participación nesta fase final foi na categoría infantil feminino, onde conseguiron o 4º posto por equipos. A título individual, unha alumna de 6º de primaria acadou o segundo posto individual infantil.

Noraboa a todas e todos os participantes!

 

CINEMA CON PERSPECTIVA

O Colexio Felipe de Castro, de Noia, desenvolve estes días o programa da Xunta ‘Cinema con perspectiva’ , de concienciación sobre a igualdade de xénero.

 

A directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández, achegouse esta mañá ao Colexio CEIP Felipe de Castro de Noia para asistir ás distintas actividades que estes días está levando a cabo este centro no marco do programa Cinema con perspectiva impulsado pola Xunta de Galicia en colaboración coa asociación cultural FICBUEU e que ten como obxectivo concienciar aos nenos e mozos sobre a igualdade e a perspectiva de xénero.

O Felipe de Castro é un dos 40 centros participantes na edición deste ano, que abrangue a proxección de curtametraxes con temática de igualdade de xénero, a organización de coloquios para estimular a capacidade reflexiva e analítica do alumnado sobre os valores e as mensaxes en materia de igualdade presentes nas filmacións e o desenvolvemento de obradoiros educativos para a creación dunha sinxela produción audiovisual.

Cinema con perspectiva está dirixido ao alumnado de 5º e 6º de Primaria e 1º e 2º de ESO, ten como obxectivo educar na identificación e tratamento dos estereotipos sexistas presentes na narrativa do cinema e noutras formas de expresión audiovisual. Así mesmo, o alumnado pode crear un produto (guión, plan de rodaxe, etc.) para pór en escena unha sinxela produción audiovisual con perspectiva de xénero.

A iniciativa enmárcase na Estratexia Galega de Convivencia Escolar, que contempla como un dos seus principios a consecución efectiva da igualdade de dereitos e oportunidades entre mulleres e homes e na igualdade de trato e non discriminación as persoas en función da súa condición sexual.

CAMPO A TRAVÉS

Despois de clasificarnos no Comarcal e no Intercomarcal, o vindeiro 15 de marzo tócanos participar no Campionato Provincial de Campo a través. Moita sorte!!

 

PROCESO DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2024-2025

O prazo de presentación de solicitudes é do 1 de marzo ao 20 de marzo.

O proceso de admisión poderase facer telematicamente a través da aplicación admisionalumnado da Consellería de Educación. Poden consultar o decreto polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos aquí.

    • Na seguinte ligazón poden consultar o Calendario do proceso de admisión.

    • Poden descargar a solicitude de admisión (Anexo II) pulsando aqui.

    • Poden consultar as vacantes ofertadas para o curso 2024-2025 pulsando aqui.

    • A documentación que teñen que achegar coa solicitude poden descargala aqui.

    • Tamén teñen que entregar a ficha de recollida de datos do centro.

 

NORMATIVA:

Instruccións xerais.

Decreto 13/2022 do 3 de febreiro.

Orde do 21 de outubro de 2022.

Resolución do 27 de febreiro de 2024, pola que se fai público o resultado do sorteo, ao que fai referencia o artigo 34 da orde do 21 de Outubro de 2022.

 

 

XORNADAS DE PORTAS ABERTAS

DÍA DA NON VIOLENCIA E DA PAZ

O 30 de xaneiro conmemoramos o Día da Paz. Dende o Felipe de Castro propoñemos unha educación en e para a tolerancia, a solidariedade, a concordia, e o respecto aos Dereitos Humanos. Coa unión das nosas mans simbolizamos o noso firme compromiso como defensores da paz e embaixadores do entendemento entre personas de distinta procedencia, raza, crenza, relixión, ideoloxía e modos de pensar.

Cremos  nunha educación inspirada na cultura de non violencia e paz, que permita ao noso alumnado adquirir coñecementos, actitudes e competencias que reforcen o seu desenvolvemento como cidadáns comprometidos cos seus dereitos e os doutras persoas.

Distribuir contido


by Dr. Radut