
Constituído formalmente no mes de setembro do 2023, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega para o curso escolar 2023-2024 quedou composto polos/as seguintes mestres/as:
- Antonio Francisco Castaño Bouzas - Mestre Especialista en Inglés. (Coordinador)
- Débora Rechou García - Mestra Educación Infantil
- Natalia Sánchez Martínez - Mestra Audición e Linguaxe
- Pascual Fernández Martínez- Titor en sexto de Educación Primaria.
OBXECTIVOS XERAIS
Potenciar o uso do galego en todo tipo de actividades dalgunha maneira vinculadas ao centro e ao contorno.
Conseguir unha mellora significativa na competencia lingüística e unha valoración positiva do uso da lingua entre os membros da comunidade educativa.
Implicar activamente a toda a comunidade escolar, en especial ao alumnado, na difusión da nosa cultura tentando achegar ao noso centro calquera actividade que poida contribuír a un recoñecemento da nosa identidade como pobo.
Contribuír á dinamización lingüística do contexto ou contorno.
Informar ó profesorado das normas e leis que regulan o uso do galego no ensino.
Proporcionar á Comunidade Educativa o material necesario para o desenvolvemento e o emprego da Lingua Galega.
Manter informado ó profesorado das novidades editoriais