Skip to Content

ACTUACIÓN DE PETER PUNK

O pasado martes 19 de Marzo, organizamo-la actuación de Peter Punk para tódolos nenos do cole, e como diría o xa noso amigo Peter Punk pasámolo guai guai que te cagas, aqui vos deixamos un pequeno vídeo para que vos fagades unha idea....

O vindeiro martes 19 de Marzo, a Anpa organiza un espectáculo de malabares e humor para tódolos nenos do centro. O espectáculo corre a cargo do Pallaso Peter Punk, terá lugar ás 10:30 horas da mañá no Salón de actos da Sociedade Liceo (á que lle agradecemos a súa colaboración desinteresada). Os nenos desprazaránse en autobús dende o colexio a onde regresarán unha vez finalice, sendo neste caso o centro quen colabora co desprazamento dos alumnos.

O espectáculo será gratuíto para tódolos socios da Anpa, para os que non son socios o custo será de 1,00 €, que deberán entregar o seu tutor na clase antes do vindeiro venres día 15. Os nenos que decidan non acudir ó espectáculo permanecerán no colexio.

Máis información: www.peter-punk.org

 



page | by Dr. Radut