Skip to Content

FESTA FIN DE CURSO

 

O mércores 22 celebramos a festa de fin de curso. Este ano realizamos diferentes actividades como xogar nos inchables, practicar xogos medievais, participar no obradoiro de chapas e chaveiros, bodyjump, minigolf, datchball, hockey......

Obradoiro de BEATBOX con Narci Rodríguez

O luns 20 de xuño visitounos o cantante e beatboxer noiés Narci Rodríguez para impartir varios obradoiros de BEATBOX ao noso alumnado na biblioteca do colexio. Esta foi unha das diferentes actividades que realizamos para despedir o curso. 

 
 

 

"COA LEDICIA DE VOLTAR"

O 21 de xuño tivo lugar na biblioteca do noso colexio a representación do espectáculo "Coa ledicia de voltar", realizado polo autor noiés Serafín Marcos para difundir entre as novas xeracións a vida e obra do autor homenaxeado no Día das Letras Galegas. Houbo tres representacións duns 50´ cada unha.

 

No espectáculo ‘Coa ledicia de voltar’ Serafín Marcos fixo un percorrido pola vida do autor a través da súa poesía levando ás persoas asistentes dende o Valdeorras natal ata México co humor característico das súas montaxes. 

O evento parte dun verso tomado dunha obra de Delgado Gurriarán e pretende descubrir a traxectoria que fai ao escritor ser merecedor do recoñecemento das Letras Galegas deste ano. Será unha “viaxe de volta ao seu Córgomo natal revivindo a travesía marítima de fuxida no Ipanema e gozando pausadamente da natureza valdeorresa, un relato dinámico e participativo no que os versos de Florencio cobran vida”, explicou o autor noiés.

VER FOTOGRAFÍAS DESTE EVENTO

Axudas do Concello de Noia para Libros, Material e Comedor Escolar

Dende o Concello de Noia informan que saiu publicada no Boletín Oficial da Provincia da Coruña convocatoria para o curso 2022-2023 das axudas para adquisición de libros de texto e material didáctico e para o financiamento do servizo de comedor escolar para educación infantil e primaria .

prazo para presentar as solicitudes de ditas axudas comenza o 16 de xuño ata o 7 de xullo de 2022 (ambos incluídos)

A continuación adxuntamos a resolución que aproba a convocatoria para o curso 2022-2023 das axudas para adquisición de libros de texto e material didáctico e para o financiamento do servizo de comedor escolar para educación infantil e primaria , así como o modelo de solicitude . Recordar que no caso de que as axudas se soliciten para dos ou máis irmáns, deberá presentarse unha solicitude por cada alumno.

 

As solicitudes deberán presentarse, correctamente cubertas e coa documentación obrigatoria completa, a través do Rexistro de entrada ou da sede electrónica do Concello de Noia.

Convocatoria

Solicitude

AXUDAS PARA LIBROS, MATERIAL ESCOLAR E FONDO DE LIBROS PARA O CURSO 2022/2023

Publicouse no DOG do mércores 18 de maio de 2022 a orde para solicitar as axudas para libros do alumnado de 1º e 2º de Primaria, o fondo solidario de libros para o alumnado de 3º e 4º de Primaria e as axudas para mateiral escolar do alumnado de toda primaria. Poden descargar o DOG pulsando aqui.

Para o curso 2022/2023 os alumnos de 5º e 6º de Primaria non teñen fondo de libros xa que están incluidos no proxecto E-dixgal e recibiran un ordenador ao principio de curso.

As solicitudes presentaranse preferentemente vía telemática a través da aplicación Fondolibros da Consellería de Educación. O plazo de presentación de solicitudes é do 19 de maio ata o 22 de xuño ambos incluidos. Tamén se pode presentar presencialmente no colexio.

Poden descargar as follas informativas que realizou o colexio pulsando en cada unha delas:

Axudas para libros para o alumnado de 1º e 2º de Primaria

Fondo de libros para o alumnado de 3º e 4º de Primaria

Axudas para material escolar para todo o alumnado de Primaria

Tamén poden descargar a solicitude pulsando aqui e presentala presencialmente.

ADMISIÓN DEFINITIVA PARA O CURSO 2023-2024

Todos os alumnos/as que fixeron a solicitude de admisión en prazo para o curso 2023/2024 están admitidos definitivamente.

Mural Letras Galegas 2022

ADMISIÓN PROVISIONAL PARA O CURSO 2022-2023

Todos os alumnos/as que fixeron unha solicitude de admisión en prazo para o curso 2022/2023 están admitidos.

 

DIA DO LIBRO 2022

 

 

COMUNICADO SOBRE O USO DAS MÁSCARAS EN INTERIORES

O 20 de abril deixou de ser obrigatorio o uso da máscara en interiores, como xa se fixera cos exteriores. De todas maneiras a Consellería de Sanidade fixo pública a recomendación de uso da máscara no interior dos centros educativos, por prudencia (aulas numerosas e algunas con pouca ventilación  existencia de persoas vulnerables, asistencia a clase de positivos, etc...)

A falta dun comunicado oficial, consideramos que esta recomendación do uso de máscara no interior do centro, xunto coas outras medidas do protocolo COVID que seguen vixentes (distancia, ventilación, hixiene), pode axudar a evitar novos contaxios. En todo caso, o Centro respectará a decisión que tome cada familia.

Lembramos que si deberán levar máscara os que presenten síntomas compatibles co COVID, os casos positivos e os contactos estreitos dos positivos durante dez días. Tamén é obrigatoria no transporte escolar.

Poden consultar as Directrices sobre o uso da máscaras no ámbito educativo pulsando aqui.

Agradecemos a comprensión de todos/as e a súa colaboración en todo momento. 

O EQUIPO DIRECTIVO

Distribuir contido


by Dr. Radut