Skip to Content

O XORNAL DE BERGONDO 2018-2019

Para ler a revista a pantalla completa premede na imaxe inferior.

LIBROS DE TEXTO DO CURSO 2019/2020

Poden descargar a lista dos libros de texto do curso 2019/2020 pulsando aqui.

Recordamos que en 5º e 6º de Primaria non hai libros de texto porque estamos integreados no proxecto Edixgal e van utilizar ordenador.

Axudas para material e comedor escolar do Concello de Noia

Dende o Concello de Noia nos informan que saíron publicadas as bases para solicitar as axudas de material e comedor escolar no BOP do día 29/5/2019. O praxo para solicitar estas axudas é do 30 de maio ao 1 de xullo. Estas solicitude teñen que ser presentadas no concello

Poden consultar as bases pulsando aqui.

AXUDAS PARA LIBROS, MATERIAL ESCOLAR E FONDO DE LIBROS PARA O CURSO 2019/2020

Publicouse no DOG do luns 20 de maio de 2019 a orde para solicitar as axudas para libros do alumnado de 1º e 2º de Primaria, o fondo solidario de libros para o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria e as axudas para material escolar do alumnado de toda primaria. Poden descargar o DOG pulsando aqui.

Como o ano pasado a solicitude é a mesma para as distintas axudas e só teñen que presentar unha por familia xa que a solicitude é única para todos os fillos que estean no mesmo centro.

Para o curso 2019/2020 os alumnos de 5º e 6º de Educación Primaria non teñen fondo de libros xa que están incluidos no proxecto E-dixgal e recibiran un ordenador ao principio de curso.

Poden descargar as follas informativas que realizou o colexio pulsando en cada unha delas:

Tamén poden descargar a SOLICITUDE pulsando aqui.

O prazo para presentar as solicitudes é dende o 21 de maio ata o 21 de xuño, ámbolos dous incluidos.

FESTA DOS MAIOS

O xoves 16 de maio celebramos por primeira vez no noso colexio a Festa dos Maios. Esta festa ten lugar entre finais do mes de abril e mediados do mes de maio para despedir o tempo de inverno e dar a benvida á primavera.

Celebramos esta festa cantando coplas á primavera e á chegada do bo tempo e tamén danzando arredor do noso maio, situado no patio do colexio, e que estaba cuberto con xestas e adornado con flores silvestres, como fiuncho, laranxas, cornetas, espadañas, etc… No chan do patio tamén tiñamos un fermoso e vistoso maio circular realizado polo noso alumnado de infantil.

Tamén queremos dar as grazas a todos os nenos e nenas de infantil e primaria que colaboraron traendo da casa flores para adornar o noso maio.

Distribuir contido


by Dr. Radut