Skip to Content

LISTAXE DEFINITIVA DE ADMISIÓN ALUMNADO

Todo o alumnado que fixo a solicitude de admisión de cara ao curso 24/25 está admitido.

Pódense consultar as listas na aplicación https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/ entrando coa CHAVE 365 ou co certificado dixital.

Para aquelas persoas que desexen consultalo no propio centro as listaxes están expostas no taboleiro do centro.

"Unha historia de palabras"

O 16 de maio tivo lugar na biblioteca do noso colexio a representación do espectáculo "Unha historia de palabras", realizado polo autor noiés Serafín Marcos para difundir entre as novas xeracións a vida e obra de Luísa Villalta, a autora homenaxeada no Día das Letras Galegas. Houbo tres representacións duns 50´ cada unha.

VER MÁIS FOTOS

Nesta representación Serafín Marcos toma as palabras de Luísa Villalta para recuperar a memoria da obra e vida da autora homenaxeada no Día da Letras Galegas. A través dos seus poemas e da súa prosa percorremos a súa Coruña natal, acercámonos ás súas paixóns e revivimos as loitas polas causas que cría xustas. Unha posta en escena amena, chea de sorpresas e participativa coa que fixemos un percorrido fascinante polas vivencias de Luísa Villalta.

Mural de Luísa Villalta. Letras Galegas 2024

O alumnado de 6º curso de primaria elaborou un macromural en tea sobre Luísa Villalta Gómez, a autora homenaxeada no Día das Letras Galegas do 2024.

PREME NA IMAXE PARA VER AS FOTOS

   VER MÁIS FOTOGRAFÍAS

XORNADA INTERESCOLAR DE BALONCESTO

O venres 3 de maio o alumnado de segundo e terceiro ciclo participaron nunha xornada de baloncesto entre distintos centros educativos organizada polo CB Noia no polideportivo Alonso Rodríguez.

 

CAMPIONATO PROVINCIAL DE CAMPO A TRAVÉS

A participación nesta fase final foi na categoría infantil feminino, onde conseguiron o 4º posto por equipos. A título individual, unha alumna de 6º de primaria acadou o segundo posto individual infantil.

Noraboa a todas e todos os participantes!

 

CINEMA CON PERSPECTIVA

O Colexio Felipe de Castro, de Noia, desenvolve estes días o programa da Xunta ‘Cinema con perspectiva’ , de concienciación sobre a igualdade de xénero.

 

A directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández, achegouse esta mañá ao Colexio CEIP Felipe de Castro de Noia para asistir ás distintas actividades que estes días está levando a cabo este centro no marco do programa Cinema con perspectiva impulsado pola Xunta de Galicia en colaboración coa asociación cultural FICBUEU e que ten como obxectivo concienciar aos nenos e mozos sobre a igualdade e a perspectiva de xénero.

O Felipe de Castro é un dos 40 centros participantes na edición deste ano, que abrangue a proxección de curtametraxes con temática de igualdade de xénero, a organización de coloquios para estimular a capacidade reflexiva e analítica do alumnado sobre os valores e as mensaxes en materia de igualdade presentes nas filmacións e o desenvolvemento de obradoiros educativos para a creación dunha sinxela produción audiovisual.

Cinema con perspectiva está dirixido ao alumnado de 5º e 6º de Primaria e 1º e 2º de ESO, ten como obxectivo educar na identificación e tratamento dos estereotipos sexistas presentes na narrativa do cinema e noutras formas de expresión audiovisual. Así mesmo, o alumnado pode crear un produto (guión, plan de rodaxe, etc.) para pór en escena unha sinxela produción audiovisual con perspectiva de xénero.

A iniciativa enmárcase na Estratexia Galega de Convivencia Escolar, que contempla como un dos seus principios a consecución efectiva da igualdade de dereitos e oportunidades entre mulleres e homes e na igualdade de trato e non discriminación as persoas en función da súa condición sexual.

CAMPO A TRAVÉS

Despois de clasificarnos no Comarcal e no Intercomarcal, o vindeiro 15 de marzo tócanos participar no Campionato Provincial de Campo a través. Moita sorte!!

 

PROCESO DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2024-2025

O prazo de presentación de solicitudes é do 1 de marzo ao 20 de marzo.

O proceso de admisión poderase facer telematicamente a través da aplicación admisionalumnado da Consellería de Educación. Poden consultar o decreto polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos aquí.

    • Na seguinte ligazón poden consultar o Calendario do proceso de admisión.

    • Poden descargar a solicitude de admisión (Anexo II) pulsando aqui.

    • Poden consultar as vacantes ofertadas para o curso 2024-2025 pulsando aqui.

    • A documentación que teñen que achegar coa solicitude poden descargala aqui.

    • Tamén teñen que entregar a ficha de recollida de datos do centro.

 

NORMATIVA:

Instruccións xerais.

Decreto 13/2022 do 3 de febreiro.

Orde do 21 de outubro de 2022.

Resolución do 27 de febreiro de 2024, pola que se fai público o resultado do sorteo, ao que fai referencia o artigo 34 da orde do 21 de Outubro de 2022.

 

 

ENTROIDO 2024

Premede na imaxe para iniciar a presentación fotográfica.

Álbum: Sen categoría -> ENTROIDO 2024
Distribuir contido


by Dr. Radut