Skip to Content

blogue deadmin

O EUSEBIO CO 25N

O CEIP Eusebio Da Guarda únese á loita contra a violencia de xénero, sumándonos á conmemoración do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres que tivo lugar o sábado 25 de novembro. Este día, marcado polo tráxico recordo do asasinato das irmás Mirabal en 1960, é un chamado á reflexión e á acción.

Na nosa comunidade educativa, queremos alzar a voz e dicir NON á violencia. Educar en valores de respecto, igualdade e empatía, traballando xuntos para construír un futuro onde todas as persoas gocen dos seus dereitos fundamentais sen medo nin ameazas é para nós unha prioridade.

Convidamos a toda a nosa comunidade a unirse a esta causa, a compartir información e recursos, a crear un espazo seguro para que as voces das nosas estudantes se escoiten e se sintan respaldadas e a comprometerse coa erradicación da violencia de xénero. Xuntos e xuntas, podemos construír un mundo máis xusto e igualitario.

Recordemos que a educación é a nosa ferramenta máis poderosa. Sigamos educando en igualdade, fomentando o respecto e creando un ambiente onde todas e todos poidamos medrar libres de violencia.

UN TALLER MÁXICO E “TERRORÍFICO”

Só uns poucos focos alumeaban unha aula case escura, estabamos a piques de entrar no taller do Samaín para os nenos de infantil.

DESCUBRIMOS O RESULTADO DAS VOTACIÓNS DO PDI 23/24

Preme aquí para descubrir o gañador do PDI 2023-2024!

Campaña de Recollida de Alimentos

Como cada ano no CEIP Eusebio da Guarda estamos a colaborar co Banco de Alimentos Rías Altas nunha Campaña de Recollida de Alimentos a favor de Barial e acadamos a cifra de 522,77 kg de alimentos.

 

Moitísimas gracias familias pola vosa colaboración!

2023-10-26 09.29.03.jpg

REUNIÓNS COAS FAMILIAS

 

ORGANIZACIÓN ENTRADAS E SAÍDAS (Ver a ligazón alternativa de enriba)

Estimadas familias,

a continuación adxuntamos un documento explicativo da organización das entradas e saídas para o presente curso 2023-24.

MATERIAL ESCOLAR ALUMNADO CURSO 2023-24

Dentro desta publicación atoparedes os arquivos adxuntos co material escolar preciso para este curso 2023-24 .

RECORDATORIO BECAS MEC

Estimadas familias,

Dende o cento queremos recordarvos que o prazo de presentación de becas NEAE (MEC) remata o 20 de setembro.

Este ano como novidade todo o alumnado con NEAE poderá solicitar 400 euros como axuda.

 

PRESENTACIÓN DO NOVO CURSO 2023-24

Estimadas familias,

Queriamos darvos a nivel centro a benvida e unha nova e boa acollida para este curso 2023-2024.

Tamén nos gustaría presentarnos como novo equipo directivo e poñernos á vosa disposición para o que precisedes.

 

Atentamente o equipo directivo: a directora María Blanco Campo, a xefa de estudos Esther Muñiz Míguez e a secretaria Marta Mouzo Casal.

Distribuir contido


by Dr. Radut