Skip to Content

blogue deadmin

CONCERTO COA BANDA MUNICIPAL DE MÚSICA DA CORUÑA

Este pasado día 25 de abril alumnos do noso centro tiveron a sorte de participar nunha experiencia única: actuar xunto coa Banda Municipal de Música da Coruña no Centro Ágora.

Para dar conta do especial que foi ese concerto podedes acceder aquí aos videos do acto.

CONCERTO NO DÍA DA CIENCIA

Estimadas familias,

TALLER DE DISEÑO DE MODA

Aquí tedes unha mostra dos talleres tan xeitosiños que facemos no noso colexio.

Gracias a Yara e aos demais colaboradores!

DÍA DO LIBRO 2024

RESOLUCIÓN BECAS NEAE

Estimadas familias,

Os interesados xa podedes solicitar as becas do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes para os alumnos con Necesidades Específicas de Apoio Educativo para o vindeiro curso académico 2024-2025.

CALENDARIO ESCOLAR 2024/2025

Estimadas familias,

Achégase a ORDE do 12 de abril de 2024 pola que se aproba o calendario escolar para o vindeiro curso 2024-2025 na que se recolle, entre outros detalles, que as actividades lectivas comezarán o día 11 de setembro de 2024 e rematarán o 20 de xuño de 2025.

DÍA DA TERRA

Hoxe, luns 22 de abril, celebramos o Día da Terra coa plantación na praza de Pontevedra de 3 magnolios e 16 camelias.

Agradecemos ao Concello e aos nosos nenos e nenas de 3º de Educación Primaria a súa colaboración.

 

BECAS DE COMEDOR 24-25

Estimadas familias,

Acaba de sair a convocatoria municipal para solicitar as becas ao comedor para o vindeiro curso.

Premede  aquí para acceder ao documento.

RESOLUCIÓN BECAS NEAE

Estimadas familias, solicitade no noso centro o documento editable para presentar o voso recurso á resolución das becas NEAE que fosen desestimadas.

Un saúdo, a dirección.

CHELO LOUREIRO VISITA AOS NENOS E NENAS DE SEGUNDO

Con motivo da conmemoración do 8M e relacionado coa temática de nosa PDI: "Un Eusebio de cinema", estivemos a traballar as profesións no cinema e a presenza das mulleres neste mundo.

Distribuir contido


by Dr. Radut