Skip to Content

O EUSEBIO CO 25N

O CEIP Eusebio Da Guarda únese á loita contra a violencia de xénero, sumándonos á conmemoración do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres que tivo lugar o sábado 25 de novembro. Este día, marcado polo tráxico recordo do asasinato das irmás Mirabal en 1960, é un chamado á reflexión e á acción.

Na nosa comunidade educativa, queremos alzar a voz e dicir NON á violencia. Educar en valores de respecto, igualdade e empatía, traballando xuntos para construír un futuro onde todas as persoas gocen dos seus dereitos fundamentais sen medo nin ameazas é para nós unha prioridade.

Convidamos a toda a nosa comunidade a unirse a esta causa, a compartir información e recursos, a crear un espazo seguro para que as voces das nosas estudantes se escoiten e se sintan respaldadas e a comprometerse coa erradicación da violencia de xénero. Xuntos e xuntas, podemos construír un mundo máis xusto e igualitario.

Recordemos que a educación é a nosa ferramenta máis poderosa. Sigamos educando en igualdade, fomentando o respecto e creando un ambiente onde todas e todos poidamos medrar libres de violencia.

 



blog | by Dr. Radut