Skip to Content

 

   

Escolares, Complementarias, 1º Curso, 2º Curso, 3º Curso, 4º Curso, 5º Curso, 6º Curso, Ed. física, Ed. infantil, Idioma estranxeiro, Matemáticas

ACTIVIDADES DE OUTONO 2009

 

 

Recollida e exposición de froitos de outono. Esta recollida levarase a cabo do 13 ao 16 de outubro. A exposición farase do 19 ao 23.

 

Recollida de cantigas populares, refráns, contos, lendas, adiviñas, coplas, etc. Esta actividade realizarana os nenos e nenas. Os informantes serán os avós, avoas e demais persoas mariores da súa familia.Os titores e titoras recolleranos. Logo, discutiremos que facer con este material. Hai varias posibilidades: revista Remuíños, contacontos feito por avós e avoas, facer un libriño encanutillado para a biblioteca, etc., etc. Dalgunha maneira, hai que difundilo na comunidade educativa. A temporalización serán os meses de outubro e novembro.

 

Magosto e Samaín e Día do Peón. En principio, ímolo celebrar o 13 de novembro.As actividades, dentro das aulas, levaranse a cabo do día 9 ao 13. Do 9 ao 11, recollida de castañas(picadas). Enviarase unha circular ás familias o día 6. Do 9 ao 11, baleirar e decorar cabazas. O día 12, baixalas á exposición.

 

E, nada máis. Se se vos ocorren máis cousas, admítense montóns de suxestións.

 

 

O Equipo de Normalización de Dinamización Lingüística

 

 

 

PARTICIPACIÓN NAS XORNADAS DE DEPORTE ESCOLAR

O alumnado de 5º de EP participou hoxe 5 de marzo nas xornadas de deporte escolar que se celebraron no CEIP Cruceiro de Canido ao longo da xornada escolar. O número aproximado de participantes foi duns 70 alumnos. Que practicaron as seguintes modalidades de xogos:

Brilé, cachibol, badminton, balón torre, fútbol, baloncesto e unha proba cultural.

EXCURSIÓN A PONTEVEDRA

O alumnado do terceiro ciclo na visita realizada a Combarro durante o primeiro trimestre.

DEPORTE NA ESCOLA

 XORNADAS LÚDICO-DEPORTIVAS: 

Nas que participan tres Escolas do Concello: CEIP CRUCEIRO DE CANIDO, CEIP DE SAN XOÁN E O NOSO CENTRO.

1ª Xornada o 05.02.09, coa participación do alumnado de 6º de Primaria no CEIP DE "SAN XOÁN DE FILGUEIRA".

2ª Xornada será o 05.03.09 no CEIP "CRUCEIRO DE CANIDO" coa participación do alumnado de 5º de Primaria.

Concerto dos Moussakis

O alumnado do terceiro ciclo de primaria (5º e 6º) asistiron ao concerto dos Moussakis, que se celebrou no Teatro Jofre de Ferrol. Dentro da programación cultural da fundación "La Caixa".

                         OUTUBRO 2008

 

Distribuir contido


by Dr. Radut