Skip to Content

 

   

Escolares, Complementarias, 1º Curso, 2º Curso, 3º Curso, 4º Curso, 5º Curso, 6º Curso, Ed. física, Ed. infantil, Idioma estranxeiro, Matemáticas

CONSEGUÍMOLO!!!

Xa avisamos de que volveriamos plantar os xeranios. Desta volta están protexidos cuns paos que esperamos non nos tiren. Tamén hai un cartel para avisar que non se poden pisar, son seres vivos e nos gustan, recordades?


Mirade como o fixemos. Xa temos ganas de saber de cor serán as flores.




SOPRA NESTE FURADIÑO

O venres 18, todos os compañeiros de primeiro e tamén os de segundo, estivemos no salón de usos múltiples lendo un conto de Antón Cortizas que se titula : "Sopra neste furadiño "


Gustounos moito e fomos moi obedientes, mirade como sopramos para que voase o elefante, secase a roupa, ...

QUE DECEPCIÓN!!

O mércores 16 de marzo, viñeron cortar a herba uns señores que, sen querer, cortaron tamén os dous xeranios que plantáramos. Xa estaban medrando e agora non están.


Pero tranquilos todos e todas, non nos renderemos e voltaremos plantar máis. Seguide atentos porque poñeremos aquí as fotos. Iso si, por favor, coidádeos igual ca nós, porque lles queremos ver as flores.

PLANTAMOS XERANIOS

O 24 de febreiro plantamos dous xeranios debaixo dunha camelia no patio da escola. Antes non sabiamos como eran, pero agora si. Fixemos un furado, mollamos o talo dos xeranios, botámoslles hormonas de enraizamento para que lle medren rápido as raíces e metímolos nos furados. Tapámolos ben para que medren axiña.

ENTROIDO 2011

2º CICLO


ENTROIDO 2011

1º CICLO


ENTROIDO 2011

INFANTIL

ENTROIDO 2011

ESTE ANO DECIDIMOS DISFRAZARNOS DE TRIBUS URBÁNS. SE QUEREDES VER MÁIS FOTOS DEBEDES VISITAR O APARTADO DE ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS.

O OUTONO EN INFANTIL

FOMOS DE EXCURSIÓN PARA VER O OUTONO IMOS EN AUTOBÚS "QUE ORDENADIÑOS SOMOS"

A FARSA DAS ZOCAS

REPRESENTACIÓN  DA OBRA TEATRAL "A FARSA DAS ZOCAS" POR PARTE DO ALUMNADO DE SEXTO, BAIXO A DIRECCIÓN DE MERCEDES CANTO SANTIAGO, NO SALÓN DE ACTOS DO COLEXIO, HOXE ÁS CINCO DO SERÁN.

Distribuir contido


by Dr. Radut