Skip to Content

 

   

Matemáticas

SEGUIMOS ADIANTE NO REBUMBIO MATEMÁTICO

A Asociación Galega do Profesorado de Matemáticas (AGAPEMA) veu de dar os resultados do Rebumbio Matemático celebrado en Ferrol con colexios do norte de Galicia. Pois ben, aí estamos os do Colexio de Esteiro! Clasificámonos para a fase final co Colexio dos Franciscanos de Lugo. Fomos representados por dúas rapazas e un rapaz de 6º de Educación Primaria: Carmen Maldonado Ordóñez, Fiana Lamas Rodríguez e Carlos Freire Zaragoza. Noraboa para os tres e para todos aqueles que traballan no colexio e máis en casa para que as matemáticas teñan unha maior entidade no noso colexio.

O Rebumbio Matemático consiste nunha proba na que os rapaces/as teñen que resolver varios problemas. O máis puntuado non é o resultado, senón a creatividade para chegar a dito resultado. Na foto de máis abaixo tedes a Carlos, Fiana e Carmen. Noraboa!!

                                       

NOVOS RECURSOS

Parécenos interesante a visita á seguinte páxina: ceipsanwalabonso. Pertence a un colexio público da provincia de Huelva que ten un coordinador TIC con moitas ideas e propostas. Toda a comunidade educativa está integrada nesta páxina, participando nais, pais, mestres e por suposto o alumnado.

blog

Gustaríanos aproveitar este espazo para proporcionar información, actividades, recursos, páxinas web e blogs relacionados coa materia de matemáticas. Aproveitables para alumn@s, nais e pais e profesorado. Un saúdo.

Para comezar sería interesante que visitarades os blogs: recursosep.wordpress.com e mate3ciclo.blogspot.com.es onde atoparedes recursos e actividades, técnicas de estudio...principalmente para o alumnado do terceiro ciclo. Ademais aparecen actividades interactivas relacionadas cos contidos dos libros e da editorial que estamos a utilizar (ANAYA).

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut