Skip to Content

 

   

Complementarias

DÍA DA INTERCULTURALIDADE

O venres, 15 de xuño, celebramos o Día da Interculturalidade no noso centro, dado que cada vez máis temos rapaces de tódalas partes do mundo.

Os nenos de 6º de Educación Primaria prepararon unha presentación sobre as diferenzas entre estar escolarizado nun colexio coma o noso ou noutro dun país con menos recursos. 

Asimesmo Mihai Taran e a súa nai que proceden de Rumanía, fixeron unha presentación sobre o seu país. 

              

              

O MUSEO CRECE

O Museo do Xogo Popular do colexio ten dúas novas pezas. As dúas de orixe lonxano e, sen embargo, tan próximas á nosa infancia! O peón de soporte foi feito en Arxentina e ten un artiluxio moi enxeñoso para bailar; desde logo, non se necesita moita maña para facelo xirar. O moneco articulado ten a súa orixe en Grecia. Cantos de nós tivemos algún parecido? Cantos de nós quixemos mercar algún cando visitamos as feiras coloristas de Portugal?

Beatriz Varela, mestra de 2º EP, é quen tivo a ben doar as pezas ao colexio. Grazas.

                              

                              

Día do peón

No mes de novembro estivemos en Fene celebrando o San Martiño.

EXPOSICIÓN SOBRE A ALIMENTACIÓN

O colexio súmase aos esforzos de tantas institucións que traballan para que a saúde dos nenos e nenas sexa cada día mellor. Por iso estamos a inaugurar unha exposición cedida pola Asociación LAPIS VERDES sobre a alimentación. A loita contra os malos hábitos alimentacios non é nunca, neste tempo, suficiente.

As familias están expresamente invitadas a ver esta exposición e, como non, os nenos/as a recorrela da man dos seus mestres/as titores/as.

                                  

CELEBRANDO O NADAL NO COLEXIO

Outro curso máis, o colexio celebrou o seu festival de Nadal, o acto colectivo que esperta maiores sentimentos de fraternidade. No Salón de Actos non cabía unha agulla; houbo un mellor aproveitamento do espacio e poideron entrar máis familias para presenciar momentos inolvidables que dan entrada a un tempo de lecer. Que este tempo sexa de proveito. Que Papá Noel e os Reis Magos veñan cargados de ledicia e de moitos libros.

Feliz Nadal!

Powerpoint sobre o Día do Peón

Premede no adxunto para ver unha presentación en PowerPoint sobre o mundo da buxaina, con cousas interesantes coma a súa historia, xogos, descrición das súas partes, etc.

Esta presentación é un traballo feito polo mestre de Educación Física José L. Río Silva, que estivo no CEIP Manuel Masdías. 

O DÍA DO PEÓN

"Polo San Martiño..."

Todos os nenos e nenas do colexio coñecen o remate do refrán. Desde os seus iniciós, o CEIP Esteiro pertence á rede que promove o xogo tracidional: Brinquedia. E a nosa participación actívase na chegada do outono, cando os peóns volven a bailar no patio de recreo.

Para motivar a aprendizaxe o colexio entrega uns diplomas ("Masters" e "Supermasters") a aqueles rapaces/as que desenvolven unhas habilidades especiais. Este é un dos diplomas.

                                    

Para quitar o "Master" temos que facer todo isto:

                                                

Os diplomas entréganse no gran día: o Festival do día do Peón. Este curso celebrouse o 18 de novembro para poder separalo doutra celebración do cole: o Samaín. Isto foi o que fixemos o Día do Peón:

                                            

 

Mira algunha das fotos do Día.

Por certo, o colexio participou na reunión promovida por Brinquedia e o Concello de Fene para celebrar o Día do Peón. Esta é unha das fotos da reunión en Fene.

                             

Finalmente, hai que destacar o conto feito por todos os nenos e nenas de 5º de Educación Primaria. Podedes lelo no documento adxunto.

PREMIOS AOS MELLORES INVESTIGADORES DA CATEDRAL

Dado que na catedral de Santiago houbo que investigar a fondo os tesouros ocultos, nada mellor que destacar a aqueles rapaces e rapazas que o fixeron de maneira destacada. Na aula de 6º de Educación Primaria formáronse cunha tarefa concienzuda aos guías da visita; estes acompañaron aos rapces/as de 5º. Asparellas traballaron de xeito independente para contestar a todo un cuestionario que lles fixo aguzar os sentidos.

Nos vos esquezades de pasar polo blog da Biblioteca.

Bravo por eles.

Distribuir contido


by Dr. Radut