Skip to Content

 

   

Complementarias

SOLUCIONAR PROBLEMAS CO APLICATIVO COLECHEF

Para poder solucionar o problema relacionado co rexistro no aplicativo ColeChef a empresa solicita que enviedes un correo electrónico ao enderezo galicia@serunion.elior.com coa vosa consulta ou chamar aos teléfonos 630363844 ou 986453040.

ACTIVIDADE EN SANTIAGO DE COMPOSTELA - CIENCIA ENTRE AS RAPAZAS

Actividade que dende AMIT Galicia están a desenvolver en colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia ( AMTEGA) para promover as vocacións científicas entre as rapazas.

O día 7 de xuño de 16:00 a 20:00 en Santiago de Compostela.

 

VISITA DO BASKETMI FERROL

O pasado xoves tivemos a gran sorte de poder contar coa visita de representantes da directiva e xogadores do BASKETMI FERROL. Falaron con nós, contáronnos as súas experiencias, fixeron unha demostarción e finalmente xogaron con nós. Tivemos a posibilidade de probar as súas sensacións xogando e manexando unha cadeira de rodas. Experiencia inclusiva  e enriquecedora. Totalmente recomendable, repetiremos..

CONCELLO DE FERROL - O TALENTIÑO

“O Talentiño” o Certame de novos talentos artísticos

O tecido veciñal de Canido xunto á Concellería de Cultura do Concello de Ferrol intentan buscar novos talentos xovenes das artes musicais e da danza nun concurso baixo o nome de “O talentiño”.

A “O Talentiño” poderán presentarse aqueles rapaces e rapazas ferroláns con idades entre 6 e 18 anos (ampliamos idades debido á gran acollida de público), ambas idades incluídas, que residan ou estuden na cidade de Ferrol e realicen algunha(s) das seguintes actividades artísticas: cantar, interpretación de instrumentos musicais e danza. Establécense 2 categorías de participación: – Categoría A: Música (Canto ou interpretación de Instrumentos musicais) – Categoría B: Danza.



PROCESO DE SELECCIÓN

O gañador de cada categoría elixirase nun proceso de dúas rondas. A primeira fase de preselección, aberta xa ata o 15 de abril consistirá no envio de videos e anexos de inscrición ao correo talentocanidofest@gmail.com<mailto:talentocanidofest@gmail.com>

As propostas seleccionadas concursarán o 30 de abriL nun festival que servirá de antesala ás festas dos maios. Tratarase dun festival que será presentado polos músicos ferroláns Joaquín Enríquez e Elisa Esperante e que contará como xurado con: Lucía Pérez (catante eurovisiva) Xabier Vizcaino (músico e compositor) e Eva Faraldo (profesora de música e danza).

Os seleccionados pasarán a formar parte dun catálogo web de xóvenes talentos, e os gañadores obterán un vale para gastar en comercios locais.

Toda a información e bases poden consultarse na web http://talentos.avcanido.org<http://talentos.avcanido.org/> ou no instagram @otalentino

Recibide un cordial Saúdo.

PLAN CORRESPONSABLES DA UDC

Dende a Universidade da Coruña ofertan o PLAN CORRESPONSABLES, é unha nova política pública que ten por obxecto iniciar o camiño cara á garantía do coidado como un dereito en España desde a óptica da igualdade entre mulleres e homes. Os obxectivos deste PLAN son actuar directamente con programas e acción que incidan directamente na promoción da igualdade entre mulleres e homes fomentando a corresponsabilidade e favorecendo a conciliación das familias con nenas, nenos, mozas e mozos menores de 16 anos inclusive. Son unha serie de actividades de carácter gratuito (surf, windsurf, catamarán, parkour e skate)nos meses de febreiro e marzo.

 

Para máis información 

 

A inscrición nestas actividades realizarase a través da seguinte ligazón

https://corresponsables.udc.gal/udc/privada/admin/index.xhtml

DÍA DO PEÓN 2022

Este ano celebramos o Día do Peón con máis forza que nunca; en primeiro lugar queremos agradecer a gran colaboración que tivemos por parte do profesorado e alumnado e por suposto a Adolfo Mira da Asociación de Torneiros "Virutas" que nos amosou o belo que é ver traballar a madeira ata que sae esa buxaina.

A continuación tedes unha pequena selección de fotos do evento.

 

 

SEMANA DA SEGURIDADE VIARIA DE FERROL

Co fin de conseguir entre todos o reto de CERO VÍCTIMAS, o Concello de Ferrol organiza un conxunto de accións interesantes e atractivas para os nen@s e xóven@s de Ferrol tales como:
 
- PARQUE DE EDUCACIÓN VIARIA NA RÚA
- SIMULACIÓN DE ACCIDENTE DE AUTOBÚS EN ESTEIRO COA PARTICIPACIÓN DUN GRAN DISPOSITIVO DE RESCATE
- I CARREIRA SOLIDARIA POLA SEGURIDADE VIARIA (medallas a tod@ @s menores de 16 anos e interesantes premios)
- MARCHA CICLISTA POLA SEGURIDADE VIARIA (agasallos e sorteo dunha bicicleta)

CONCELLO - RETALLOS DA TERRA MEDIA

Exposición  "Retallos da Terra Media" que se vai a realizar entre os días 22 de decembro e 9 de xaneiro no Antigo Hospicio.

III XORNADAS ESCOLARES POLA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO

Xornadas escolares pola eliminación da violencia de xénero.

Folleto informativo

Distribuir contido


by Dr. Radut