Skip to Content

Biblioteca

DÍA DE ROSALÍA

       O vindeiro martes, 24 de febreiro, celebraremos o Día de Rosalía de Castro. Os alumnos do 3º ciclo contarannos cousas sobre esta ilustre escritora e todos cantaremos cancións coas letras dos seus poemas. 

 

ESTA NOITE SOÑEI

       Esta é a poesía que elixiron os nenos de 5º de Educación Infantil para o recanto poético e que non só a recitaron esplendidamente, senón que tamén a escenificaron. Escóitaos e gozarás de doces soños!

 

 

 

A LINGUA

       Aquí temos unha nova entrega do recanto poético. Desta vez son os nenos de 2º de Educación Primaria os que recitan uns versos que nos animan a empregar a nosa lingua. Anímaste ti? Escóitaos e xa verás como si.

 

O GRILO CHORA

     Os nenos de 6º de Educación Infantil achégannos unha nova entrega do noso recanto poético, poñendo voz e ilustrando de xeito espectacular este fermoso poema de Rosalía Morlán.

 

SENTADA LECTORA

     Hoxe celebramos a primeira sentada lectora deste curso. Foi un gran momento que celebramos todos xuntos na mellor compaña, cun libro! Moitas grazas a todas as familias por participar!!  

 



SENTADA LECTORA

     O próximo martes 16 de decembro celebraremos unha sentada lectora na planta baixa do colexio, durante a hora de ler. Achégate co teu libro e anímate a participar con todos nós.  

 

AI FLORES, AI FLORES DO VERDE PINO

       Xa temos a segunda poesía no noso recanto poético. Esta vez son os nenos de 4º de Primaria os que recitan tan ben esta fermosa cantiga do Rey Don Denís. Gozade con estes espléndidos trobadores! 

COMEZA A ANDAINA DAS MOCHILAS VIAXEIRAS

     Esta semana puidemos ver aos primeiros nenos levando as mochilas viaxeiras para as súas casas. Van cargadas de historias, contos e cancións para gozar en familia coa lectura. Esperamos que o pasedes en grande.

     Feliz lectura!


FADA DO MAR

     Xa temos a primeira obra do noso recanto poético. É unha fermosa poesía de Ramón Cabanillas titulada Fada do Mar, que ilustraron e recitaron tan ben os nenos de 6º.

 

MALETAS VIAXEIRAS

     Esta semana recibimos no colexio o préstamo dunha maleta viaxeira que contén unha selección de materiais relacionados coas matemáticas, posto que esta é a temática das bibliotecas escolares para este curso.
     Agardamos que nos axuden a ver as matemáticas con outros ollos e a gozar da BIBLIOTECA ESCOLAR... MATEMÁTICO!

Distribuir contido


by Dr. Radut