CEIP DE VIÑAGRANDE-DEIRO

RESERVA DE PRAZA EN CENTRO DE ADSCRICIÓN ALUMNADO DE 6º PARA O CURSO 2023/2024

Informarvos que no día de hoxe saíron as instrucións para a reserva de praza en Centro de adscrición. O noso Centro como ben sabedes está adscrito ao IES “A Basella”, deste xeito o alumnado que pretenda cursar estudos de 1º da  ESO neste instituto terá que presentar a súa solicitude entre o 16 de xaneiro e o 6 de febreiro.

Dita solicitude poderá cumprimentarse de xeito manual no formulario que se vos achega ou facéndoo a través da aplicación www.edu.xunta.gal/admisionalumnado, onde atoparedes as instrucións pertinentes. A solicitude debe presentarse no noso Centro ou encalquera dos lugares que establece a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do ProcedementoAdministrativo Común, incluída a SEDE ELECTRÓNICA, para o que se precisará de Chave365 ou certificado dixital, e sendo ésta a canle preferible de presentación.

No caso de que as vosas fillas ou os vosos fillos vaian a cursar a ESO noutro Instituto que non sexa o IES “A Basella” o procedemento será distinto xa que este alumnado terá que facer unha solicitude ordinaria de admisión do 1 ao 20 de marzo.