CEIP DE VIÑAGRANDE-DEIRO

Admisión e matrícula

RESERVA DE PRAZA EN CENTRO DE ADSCRICIÓN ALUMNADO DE 6º PARA O CURSO 2023/2024

Informarvos que no día de hoxe saíron as instrucións para a reserva de praza en Centro de adscrición. O noso Centro como ben sabedes está adscrito ao IES “A Basella”, deste xeito o alumnado que pretenda cursar estudos de 1º da  ESO neste instituto terá que presentar a súa solicitude entre o 16 de xaneiro e o 6 de febreiro.

Dita solicitude poderá cumprimentarse de xeito manual no formulario que se vos achega ou facéndoo a través da aplicación www.edu.xunta.gal/admisionalumnado, onde atoparedes as instrucións pertinentes. A solicitude debe presentarse no noso Centro ou encalquera dos lugares que establece a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do ProcedementoAdministrativo Común, incluída a SEDE ELECTRÓNICA, para o que se precisará de Chave365 ou certificado dixital, e sendo ésta a canle preferible de presentación.

No caso de que as vosas fillas ou os vosos fillos vaian a cursar a ESO noutro Instituto que non sexa o IES “A Basella” o procedemento será distinto xa que este alumnado terá que facer unha solicitude ordinaria de admisión do 1 ao 20 de marzo.

FORMALIZACIÓN MATRÍCULA CURSO 22-23

 A formalización da matrícula realizarase do 20 ao 30 de xuño. 

Admisión alumnado 2022-2023

SOLICITUDE DE ADMISIÓN

Do 1 ao 21 de marzo

Do 1 ao 21 de marzo estará aberto o prazo para realizar a solicitude de admisión do alumnado para o curso 2022-2023. 

Podedes presentar as solicitudes mediante algunha das seguintes opcións: 

- Cubrir a solicitude manualmente e presentala no centro. 

- Cubrir a solicitude na aplicación ADMISIÓN ALUMNADO  e presentala no centro. 

- A través da Sede Electrónica. 

DOCUMENTACIÓN:

- Copia do DNI da persoa solicitante e dos membros computables da unidade familiar, cando se denegue a súa consulta.

- Documento acreditativo do requisito de idade do/da alumno/a  (DNI ou Libro de Familia). 

- Certificado oficial do expediente académico, no seu caso (agás o alumnado que se incorpore a 4º de EI). 

- Sentencia xudicial de separación ou divorcio e/ou convenio regulador onde conste a custodia do/a menor, no seu caso.

Ampliar a información sobre o  proceso e descargar a solicitude en  ADMISIÓN ALUMNADO 

 VACANTES:

4º EI:25 (3 NEAE)

5º EI:16

6º EI:16

1º EP:15 (3 NEAE)

2º EP:5

3º EP:7

4º EP:6

5º EP:8

6º EP:6

 

Distribuir contido