CEIP DE VIÑAGRANDE-DEIRO

SOLICITUDE DE ADMISIÓN: Do 1 ao 20 de marzo de 2024

Solicitude de praza para o alumnado que solicite posto escolar por primeira vez, para o alumnado que desexe cambiar a outro centro, e para o alumnado que pretenda continuar estudos nun centro distinto ao IES A Basella (centro de adscrición)

DOCUMENTACIÓN QUE SE PRESENTARÁ :

  • ✔Anexo II e Anexo II bis. Máis información  a continuación:: INFORMACIÓN DO PROCEDEMENTO 

  • ✔Copia do libro de familia ou documento equivalente onde figure o/a alumno/a e os demais membros computables da unidade familiar  

  • ✔Copia do DNI da persoa solicitante e dos membros computables da unidade familiar, cando se denegue a súa consulta. 

  • ✔Certificado oficial do expediente académico, no seu caso (agás o alumnado que se incorpore a 4º de EI). 

  • ✔En caso de separación ou divorcio, sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou convenio regulador onde conste a custodia do menor. 

    • VACANTES PARA O CURSO 2024-25

CURSO

PRAZAS DE APOIO EDUCATIVO

VACANTES

ESTIMADAS

4º Educación Infantil

3

20

5º Educación Infantil

-

12

6º Educación Infantil

-

10

1º Educación Primaria

3

10

2º Educación Primaria

-

11

3º Educación Primaria

-

8

4º Educación Primaria

-

0

5º Educación Primaria

-

3

6º Educación Primaria

-

0

 

Comeza o proceso de admisión de alumnado en centros escolares sostidos con fondos autonómicos para o curso 2023/24, regulado polo Decreto 13/2022 do 3 de febreiro e a  Orde de 21 de outubro de 2022 e co seguinte calendario:

  • •Do 1 ao 20 de marzo de 2023: prazo de solicitude de admisión para o alumnado que seincorpora por vez primeira ao sistema educativo galego ou para os que cambian de centro de maneira voluntaria. 

  • •25 de abril de 2023: publicación da listaxe provisional de admitidos. Cinco días hábiles para formular reclamacións a partir do día seguinte da súa publicación. 

     

  • •15 de maio de 2023: publicación da listaxe definitiva de admitidos.  

  • • 

  • •Do 20 ao 30 de xuño de 2023: unha vez admitido, prazo de formalización de matrícula.  

 

INFORMACIÓN DO PROCEDEMENTO

 

Formas de presentación da SOLICITUDE DE ADMISIÓN: presencial ou electrónica.

 

Presencial no centro educativo que solicita en primeiro lugar:

1.- Cubrir a manualmente a solicitude de Admisión, modelo ED550B- Anexo II e Anexo II bis (Asinado de forma manual pola outra persoa proxenitora, titora ou acolledora)

2.- Presentala no centro solicitado en primeiro lugar. (pode descargarse da aplicación ADMISIÓN ALUMNADO ou solicitala no centro educativo.

 

*** Pódense solicitar ata 6 centros por orde de preferencia e alegar os criterios de admisión que pretenda que se lle valoren

 

Solicitude a través da sede electrónica da Xunta de Galicia:

1.- A persoa solicitante (persoa proxenitora, titora ou acolledora) deberá dispoñer necesariamente dun certificado de identidade e sinatura dixital,  ou un sistema de usuario e clave como a Chave365

2.- Cubrir a solicitude de Admisión na aplicación ADMISIÓN ALUMNADO modelo ED550B- Anexo II e Anexo II bis

3.- Imprimir e asinar manualmente, o Anexo II e o Anexo Iibis, este último deberá ser asinado de forma manual pola outra persoa proxenitora, titora ou acolledora

3.- Escanear os documentos para presentar en sede electrónica.

4.- A seguir, a aplicación permite conectar coa sede electrónica da Xunta de Galicia para asinar e presentar a solicitude utilizando calquera dos medios de identidade e sinatura, anteriormente sinalados. Deberá presentar os ducmentos Anexo II, Anexo Iibis e o resto da documentación.

5.- O xustificante da presentación electrónica da solicitude só se sera cando a persoa a asina e a presente a través da sede electrónica, e indica a data de presentación.

 

*** Pódense solicitar ata 6 centros por orde de preferencia e alegar os criterios de admisión que pretenda que se lle valoren

 

- Todo o alumnado poderá presentar solicitude de admisión, pedindo ata seis centros por orde de preferencia, e alegar os criterios de admisión que pretenda que se lle valoren.

- Esta solicitude de admisión dirixirase ao centro solicitado en primeiro lugar.Despois de presentar unha solicitude de admisión, para renunciar a ela deberá facerse expresamente, indicándoo no recadro correspondente da nova solicitude que deberá presentarse.

- En todo caso, a solicitude de reserva ou de admisión é única para cada alumno/a e ten carácter vinculante. A súa presentación implica que son certos os datos indicados nela.

- A existencia dunha solicitude de admisión presentada en prazo sen renunciar expresamente á anterior e, así mesmo, a existencia dunha solicitude de admisión sen ter renunciado á praza reservada a 28 de febreiro (este incluído) poderán ser causa de perda do dereito a participar no procedemento nos termos previstos no artigo 8.