Educación para a paz e tolerancia

EDUCACIÓN PARA A PAZ E A TOLERANCIA

En relación  co tema transversal da EDUCACIÓN PARA A PAZ E A TOLERANCIA  deseñamos dous proxectos:

  • "COÑECÉMONOS MELLOR, RESPETAREMÓNOS MÁIS" co que obtivemos un premio de innovación educativa.
  • "XOGA, NON PELEXES"

cos que pretendemos proporcionarlle ó alumnado as actividades e situacións axeitadas para facilitarlles a consecución dos seguintes obxectivos:

  • Formar persoas que desenvolvan a capacidade de coñecer e actuar dende unha perspectiva científica e de interactuar dende un sistema de valores, ccn  un espírito responsable e cooperativo.
  • Promocionar valores como tolerancia, solidariedade, participación, espírito crítico... 
  • Potenciar a capacidade de análise crítica para interaccionar nun mundo plural e en constante construcción.
  • Construír relacións humanas non competitivas a través da responsabilidade, cooperación e conquista común.
  • Conseguir a paz no entorno inmediato dos alumnos: compañeiros, traballo, familia, amigos, veciños... Paz cimentada no sentido da xustiza e construída polos alumnos dentro das súas posibilidades.
  • Fomentar o dialogo e a cooperación entre alumnos e alumnas para que non se produzan relacións de dominio nos roles dun e doutro sexo.
  • Abrir horizontes, crear interrogantes, aprender a pensar e facer uso da voz, para ser cada día mais solidariosa súa autoestima e autonomía.
  • Coñece-lo propio corpo, valorando as súas posibilidades e limitacións respectando as diferencias de idade, sexo, características físicas, personalidade...
  • Colaborar na planificación e realización de actividades de grupo, aceptando as regras, participando con espontaneidade e con actitudes tolerantes e solidarias.
  • Entender a nosa sociedade como algo dinámico, conflictivo e plural.
  • Reflexionar sobre feitos da vida cotiá e analizalos cunha actitude crítica fronte as fontes de información.

XOGA, NON PELEXES:

Con este proxecto tratamos de dar a coñecer, a través da práctica lúdica vinculada á cultura circundante, outras formas de xogar para  ofrecerlles  ós nenos e ás nenas a  posibilidade de facer unha práctica xeneralizada destes xogos durante os recreos en convivencia harmónica con outros deportes.

A experiencia resultou moi motivadora, con gran implicación e participación por parte de todos os membros da comunidade educativa. Serviu de base para a práctica  dos xogos no recreo e para  a realización de distintas actividades a nivel de Centro e de aula.

OBXECTIVOS:

  • Educar para o lecer (evitando conflictos no patio) a través da práctica de xogos tradicioanis da zona.

  • Fomentar o respecto polas normas.

  • Propiciar unha actitude cooperativa no alumnado asumindo a responsabilidade de preparar e ensinar  os xogos, por parte dos maiores, e de participar e seguir as indicacións por parte dos demais.

  • Concienciar ó alumnado da importancia dos  xogos colectivos para a saúde física e as relacións fronte ós xogos pasivos e consumistas.

  • Favorecer unha actitude positiva e comprometida cara á tradición e folklore popular resaltando a importancia do entorno como elemento de transmisión de cultura.

COÑECÉMONOS MELLOR, RESPETARÉMONOS MÁIS:

Os obxectivos son os seguintes:

  • Desenvolver nos alumnos e alumnas unha serie de capacidades sociais básicas que contribúan á creación dun clima de relacións interpersoais satisfactorio, á creación dunha convivencia harmónica entre homes e mulleres, entre persoas de distintas culturas e creencias.

  • Recoñecer e valorar a riqueza que supón a diversidade da especie humana. Potenciar o descubremento, a aceptación e a valoración de un mesmo e dos demáis como suxeitos individuais e únicos, recoñecendo tanto as súas cualidades como os seus defectos.

  • Establecer relacións equilibradas e constructivas coas persoas coas que interactúa en situacións sociais coñecidas, comportandose de maneira solidaria e rexeitando discriminacións baseadas en diferencias de sexo, clase social, crenzas raza e/ou outras características individuais e sociais.

  • Fomentar a empatía: capacidade para recoñecer e compartir sentimentos.

Tratarase de enfocar segundo as seguintes actuacións:

  • Observación e descripción do espacio habitual onde se desenvolve a súa vida.
  • Consulta de fontes de información.
  • Clasificación e selección de diferentes imaxes, sinxelas e claras para dar a coñecer o seu entorno.
  • Realización de cuestionarios para entrevistas na búsqueda de información precisa.
  • Elaboración de informes.
  • Realización de debates.
  • Confección de organigramas de funcionamento dunha entidade pública: centro escolar, concello... Establecendo comparacións obxectivas.
  • Elaboración e utilización da carta como medio de comunicación e de intercambio.
  • Emprego da prensa escrita para a elaboración de traballos.
  • Creación de murais, contos e cómics sobre aspectos da nosa vida.
  • Recoñecer os prexuizos e as ideas preconcebidas que moitas veces se transmiten por inercia no contexto social.
  • Dramatización de situacións de "desprecio" adoptando distintos tipos de vista, emitindo hipóteses que expliquen o comportamento dos protagonistas.
  • Comprensión dalgúns factores históricos que poideron ser a base do menosprecio entre os paises e estudio dos medios para superalos.
  • A comunicación a través de Internet.
  • Establecemento e desenvolvemento axeitado nas relacións sociais.
  • Organización de actividades lúdicas para o grupo de nenos e nenas que nos visitan.
  • Participación activa nas distintas actividades.

Powered by Drupal - Design by artinet